InicioVigo e contornaVigoAs obras de mellora da estrada de Valladares arrincan este mércores

As obras de mellora da estrada de Valladares arrincan este mércores

A actuacións terán unha duración de dez meses e un investimento de 1'8 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Xunta de Galicia iniciou este mércores as obras de mellora da seguridade viaria na estrada de Valladares de Vigo, que implicará nove actuacións en ata sete quilómetros da devandita vía cun orzamento total que supera os 1,8 millóns de euros.

Así, a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, visitou Vigo para coñecer de primeira man a estrada PO-330, que atravesa a parroquia olívica de Valladares partindo desde Pereiró e desembocando en Vincios.

Vázquez, acompañada da delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, adiantou que as actuacións terán unha duración de dez meses, polo que para a próxima primavera os veciños de Valladares e de Pereiró terán unha vía “máis segura, accesible e humana”.

A actuación inclúe a eliminación dun tramo identificado como de concentración de accidentes, mediante a creación dun carril central de espera que resolva o acceso ao colexio Andersen.

Tamén se construirán dúas novas rotondas de 28 metros de diámetro, unha para mellorar o acceso ao pavillón e á piscina, ademais da o colexio infantil Monte do Alba. A outra estará situada no alto da Garrida. En Pereiró, os traballos prevén a urbanización do tramo dos 450 primeiros metros da estrada, ata a rotonda do cemiterio. Aquí instalaranse 36 prazas de estacionamento, 10 máis que na actualidade.

ÚLTIMAS

Morre unha muller tras esborrallarse en pleno centro de Vigo

Unha muller de 56 anos de idade, M.A.S.M.,  faleceu na mañá deste venres en...

Tenta tirar pola xanela á súa parella tras unha discusión nun piso da rúa Pazo

Axentes da Policía Local detiveron a un veciño da cidade, M.F.C., de 41 anos, como presunto...

Queres saber como é a nova torre de control dixital de Peinador?

Trece monitores de 55 polgadas cada un que recollen as imaxes captadas por máis...

O conselleiro de Sanidade sobre a próxima entrada en vigor do novo contrato de Povisa: “Ninguén vai obrigado”

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, ratificou este mércores que para abril --o...