InicioSociedadeDetido en Vigo tras golpear a súa exparella cunha pedra na cabeza

Detido en Vigo tras golpear a súa exparella cunha pedra na cabeza

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron o home como presunto autor dun delito de violencia de xénero.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron un cidadán de Portugal, V.R.V.O, de 44 anos de idade, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, tras golpear a súa exparella na cabeza cunha pedra.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron na madrugada do pasado domingo, cando unha patrulla do 092 se atopaba na rúa Uruguai e os axentes escoitaron os berros de auxilio dunha muller.

Nese momento foron abordados por unha muller que presentaba varios golpes na parte posterior da cabeza, e que lles relatou que fora agredida pola súa exparella cunha pedra. Ao mesmo tempo, sinalou aos funcionarios a un home, que tentaba ausentarse do lugar apresuradamente.

Os policías interceptaron o sospeitoso, que explicou que estaba a tentar escaparse para evitar ser agredido pola muller. No entanto, finalmente recoñeceu que atacara a súa exparella.

Os axentes trasladáronse ao lugar onde adoitaba pasar a noite a parella e alí observaron restos de sangue, así como unha pedra, tamén con restos de sangue.

Por estes feitos, procederon á detención do home, como presunto autor dun delito de violencia de xénero, mentres que a muller foi trasladada en ambulancia ao Hospital Álvaro Cunqueiro para ser atendida das súas lesións.

ÚLTIMAS

Miles de persoas protestan en Vigo para defender a “democracia, a vivenda e a sanidade”

Miles de persoas manifestáronse este mércores polas rúas de Vigo, convocadas por UGT e...

A folga pecha o comercio en Vigo con piquetes activos en centros como o de Vialia

A folga xeral mantén pechada boa parte do comercio galego, que afronta esta xornada...

Amplo seguemento da folga na área de Vigo, segundo os sindicatos

Por zonas, a central nacionalista informa de que, en Vigo, na farmacéutica Cofano xa...

Sindicatos calculan un 20% de seguemento na quenda de noite de Stellantis Vigo

Datos desiguais sobre o seguimento da folga xeral deste mércores nas distintas compañías industriais...