InicioEconomíaCaballero pon en valor a "participación importantísima" de Vigo nos fondos europeos

Caballero pon en valor a “participación importantísima” de Vigo nos fondos europeos

O rexedor olívico asegura que a planta de Stellantis na cidade poderá beneficiarse do PERTE de automoción.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, puxo este luns en valor a “participación importantísima” da cidade nos fondos europeos que o Goberno está a asignar no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, e referiuse tamén ás axudas dos PERTE de automoción e do naval.

O rexedor olívico, que se referiu ás axudas que Vigo recibe para as zonas de baixas emisións, axenda urbana, comercio ou dixitalización, mencionou concretamente o PERTE de automoción e asegurou que a planta de Stellantis na cidade poderá beneficiarse.

Segundo reiterou, o problema para que a fábrica viguesa non cumpra os requisitos das axudas reside en que “os calendarios dos seus proxectos non coinciden cos da UE”. “Pero ímolo resolver, eu estou a intermediar entre o Goberno e a empresa (…), Stellantis vai estar no PERTE con toda a garantía do Goberno da atención ás súas demandas”, proclamou.

Con respecto ao sector naval, insistiu en que “Vigo vai estar moi presente”, e que a tramitación dese plan “vai marabillosamente ben”. A estes proxectos sumaranse, incidiu, a prata de chips fotónicos que lidera a Zona Franca, ou axudas para a dixitalización do ciclo da auga.

Por outra banda, como presidente da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), Abel Caballero tamén recalcou a participación dos concellos e entidades locais na repartición de axudas do Plan de Recuperación, e lembrou que van recibir 15.000 millóns de euros.

ÚLTIMAS

Volven prender lume en Chandebrito oito anos despois da traxedia na que morreron dúas persoas

Un lume forestal que comezou onte á noite en Chandebrito (Nigrán) queimou 0,73 hectáreas...

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...