InicioSociedadeNace un bebé no parking do Álvaro Cunqueiro

Nace un bebé no parking do Álvaro Cunqueiro

Tanto o bebé como a súa nai están en perfecto estado e, segundo explicaron desde o Sergas, esta situación produciuse debido a que se tratou dun parto velado, é dicir, sen romper augas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O parking do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo foi testemuña do primeiro nacemento da súa historia, desde que o centro foi inaugurado no ano 2015, despois de que unha mamá dese a luz alí mesmo, sen tempo a entrar nas instalacións médicas.

Tal como informaron fontes do Servizo Galego de Saúde (Sergas) a Europa Press, foi este fin de semana cando unha parella aparcou no parking de urxencias do Cunqueiro e, sen tempo para entrar, a mamá púxose de parto alí mesmo.

Por iso, a súa parella foi chamar os facultativos, informándolles de que non había marxe de manobra para metela dentro do hospital. Desta maneira, ata o vehículo desprazouse un equipo completo de partos, formado por ata 15 persoas. “O parto mellor asistido en anos”, subliñaron entre asombro e alegría de que todo saíse ben.

Tanto o bebé como a súa nai están en perfecto estado e, segundo explicaron desde o Sergas, esta situación produciuse debido a que se tratou dun parto velado, é dicir, sen romper augas.

Dado a que se trataba do seu terceiro fillo e se aproximaba a data do parto, a nai comezou a notar que era inminente a chegada ao mundo da criatura. Con todo, nunca chegou a romper augas, polo que cando decidiron acudir ao hospital o bebé xa estaba case fóra do seu ventre.

MEDIO MILLÓN DE EUROS DE INVESTIMENTO

Por outra banda, o Sergas anunciou a contratación por máis de 29.000 euros da redacción do proxecto básico e de execución da obra de reforma para a nova localización do novo servizo de hospitalización a domicilio do Álvaro Cunqueiro de Vigo, que suporá un investimento total de 500.000 euros.

Tal como anunciou a Xunta nun comunicado, esta nova dotación enmárcase nos 5,7 millóns de euros de investimento previstos en dito hospital. O obxectivo é dotar o Cunqueiro de novos espazos e equipamentos, xa que o Executivo galego considera que, unha vez consolidado o centro, é o momento de afrontar actuacións para reforzar a súa funcionalidade.

ÚLTIMAS

OPINIÓN.- O gran showman de Vigo

Aos seus 77 anos en Vigo existe un showman ao cal, despois de varias...

OPINIÓN.- Non hai tempo para reformas mornas

Óscar Lomba Álvarez O mundo está a arder, e non é só a calor do...

Desaloxan a Cidade da Xustiza de Vigo tras saltar a alarma por unha persoa fumando nos baños

A Cidade da Xustiza de Vigo foi desaloxada tras saltar a alarma de incendios por unha...

Vigo “mostrou a súa forza” no concerto reivindicativo do AVE directo a Madrid, di Caballero

O alcalde de Vigo, Abel Caballlero, asegurou este mércores que a cidade "mostrou a...