InicioSociedadeRueda di que Felipe VI quedou "marabillado" coa nova Cidade da Xustiza...

Rueda di que Felipe VI quedou “marabillado” coa nova Cidade da Xustiza de Vigo

O presidente da Xunta presumiu de que Galicia é, "con diferenza", "a mellor Comunidade Autonóma en infraestruturas xudiciais".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, valorou este mércores que o rei Felipe VI, que nas últimas horas inauguraba a nova Cidade da Xustiza de Vigo, quedou “francamente marabillado” pola reforma do edificio e polas dotacións xudiciais que se porán en servizo na urbe olívica.

Preguntado polos medios ao termo da reunión do Consello do goberno galego, Rueda lembrou que o monarca tivo oportunidade na súa visita de intercambiar impresións co equipo do arquitecto que acometeu a obra e con colectivos da administración de Xustiza.

En todas esas conversacións, “manifestou o que xa transcendeu a través do presidente do Tribunal Supremo”, Carlos Lesmes, que recoñeceu que o Rei quedou “impresionado”. Así, Rueda sinalou que Felipe V se mostrou “francamente marabillado polo esforzo que se fixo” e polo resultado da rehabilitación do antigo Hospital Xeral, un edificio que “vai quedar” na arquitectura e configuración visual e física do perfil da cidade de Vigo.

“Creo que demostra ben ás claras a culminación do traballo da Xunta nos últimos dez anos, para manter os edificios das cidades nunhas condicións dignas e preparadas para a xustiza do futuro”, sinalou o presidente galego, quen agradeceu o recoñecemento tanto do Rei como do presidente do Supremo e presidente do Consello Xeral do Poder Xudicial, así como dos profesionais da xudicatura, á “excelente coordinación” fixo posible ese proxecto.

Finalmente, Alfonso Rueda presumiu de que Galicia é, “con diferenza”, “a mellor Comunidade Autonóma en infraestruturas xudiciais”. Por outra banda, precisamente na tarde deste martes o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, recibiu, no novo complexo xudicial de Vigo, os presidentes dos Tribunais Superiores de Xustiza de España, que estes días celebraron en Vigo a súa xornada anual.

ÚLTIMAS

Vigo presenta o seu Entroido 2026 coa orquestra París de Noia e o desfile de comparsas

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, avanzou este luns a programación municipal para as...

Detido o cuarto integrante do grupo que asaltou e golpeou a un nonaxenario en Coruxo

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela detiveron a un home, cuarto integrante...

A Audiencia desestima o recurso dos comuneiros de Cabral pola propiedade dunha vivenda

A sección sexta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, desestimou un...

O PSOE de Vigo rexeita debater o cesamento da concelleira de Seguridade pola causa do ‘Saltamontes’

O PSOE de Vigo rexeitou este luns debater no pleno municipal dúas mocións de...