InicioVigo e contornaVigoVigo, a cidade con máis esperanza de vida de Galicia

Vigo, a cidade con máis esperanza de vida de Galicia

Ten un ano máis que Ferrol, á cola das urbes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O número medio de fillos por muller en España foi de 1,24 no ano en 2019 segundo os estatística ‘Indicadores Urbanos 2022’ publicada este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE) e na que se constata que ningunha gran cidade do Estado tivo un número medio de fillos por muller superior a dúas en 2019, ano de referencia. Así mesmo, as sete cidades galegas situáronse entre as 20 españolas con menor índice de fillos por muller.

Esta estatística incorpora un indicador sobre o número medio de fillos por muller, que se define como o número medio de fillos que tería ao longo da súa vida fértil unha muller residente nun municipio en caso de manter a mesma intensidade fecunda por idade que a observada nun ano concreto nese municipio.

Así, en 2019, o número medio de fillos por muller no Estado foi de 1,24. Por cidades, as que presentaron as maiores medias de fillos por muller foron Melilla (1,97), Lorca (1,61) La Línea de la Concepción (1,59), Ceuta (1,55), Manresa (1,50), Cartaxena (1,47) e Almería (1,46).

Pola contra, as medias máis baixas déronse principalmente en Canarias, concretamente en San Cristóbal de la Laguna (0,83 fillos por muller), Las Palmas de Gran Canaria (0,90), Santa Cruz de Tenerife (0,90) e Telde (0,92), seguidos de Xixón (0,93), Fuengirola (0,94), Avilés e Oviedo, ambas as con 0,99, polo que neste oito cidades as mulleres non tiveron nin un fillo de media.

ESPERANZA DE VIDA

En canto a Galicia, as sete cidades galegas colocáronse entre as 20 españolas con menor índice, empezando por Ourense (1 fillo por muller), Vigo (1,01), A Coruña, Ferrol e Santiago (1,03), Pontevedra (1,04) e Lugo (1,05). En canto á esperanza de Vida, en Galicia fluctúa entre os 83,63 anos de Vigo e os 82,14 de Ferrol. A orde na estatística do INE é Vigo, Ourense, Santiago, Lugo, Pontevedra, A Coruña e Ferrol.

ÚLTIMAS

A Garda Civil atopa a unha menor deambulando soa por Nigrán

Unha unidade da Garda Civil de Trafico de Porriño localizou as 12:15 h. deste...

Xulgan este mércores aos dous acusados de roubar 117.500 euros nun Abanca de Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, xulga este mércores,...

Un mozo enfróntase a 3 anos de prisión por tocamentos a unha moza en Vigo, á que ameazou cunha arma simulada

Un mozo enfróntase á pena de 3 anos de prisión como presunto autor dun...

Licitados por case un millón de euros os estudos do tramo de AVE entre O Porriño e a fronteira portuguesa

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sustentable informou este venres da licitación, por case...