InicioVigo e contornaVigoMorren dúas mulleres con covid en Vigo

Morren dúas mulleres con covid en Vigo

A área olívica mantén catro persoas en UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Galicia rexistrou nas últimas horas outros 1.021 contaxios de covid, enfermidade pola que permanecen ingresadas un total de 610 persoas –47 menos que na xornada anterior–, das que 22 están na unidade de críticos, mentres que 10.996 pasan a enfermidade no seu domicilio.

Así figura na actualización da situación sanitaria asociada á pandemia en Galicia trasladada pola Consellería de Sanidade este sábado, xornada na que notifican a morte doutras 10 persoas infectadas con coronavirus os días 18 e 19 de maio. Deste xeito, con datos solicitados ata as 18,00 horas do venres, os casos activos de covid-19 redúcense tras varios días de incrementos ata os 11.606, 381 menos que no último balance.

Tamén descende a presión hospitalaria ao baixar en 47 os ingresados con covid ata situarse en 610 en toda a rede sanitaria galega. Ademais, baixan tamén os hospitalizados nas unidades de coidados intensivos dos hospitais galegos, nas que hai ingresadas 22 persoas –cinco menos–.

Por áreas sanitarias, os sete distritos rexistran descensos no número global de hospitalizados excepto Vigo, onde na xornada deste venres os ingresados en planta por covid ascendían a 98 –un máis que o xoves–, mentres que en UCI hai catro persoas ingresadas –dúas menos–.

Así mesmo, hai 381 casos activos menos que na xornada pasada. Por distritos, máis infeccións activas sitúase a área da Coruña-Cee, con 3.066; seguida da de Vigo, con 2.158; Santiago e Barbanza, con 1.910; Ourense, con 1.563; Lugo, con 1.368; Pontevedra e O Salnés, con 1.272 e, por último, Ferrol, con 859 casos activos.

Pola súa banda, os contaxios de Covid-19 descenden ata os 1.021, que implican 69 menos que os 1.090 contabilizados nos datos ofrecidos o venres. En canto á taxa de positividade –número de PCR positivas por cada 100 realizadas– ascende ao 39,87%, tras aumentar ao 38,74 por cento o venres, ao 28,24% o xoves, baixar a un 22,6% este mércores, situarse no 31,45% o martes e comezar esta semana no 29,39%. Por iso, continúa por encima do 5% que marca a OMS para dar por controlada a pandemia.

FALECIDOS E CURADOS

As vítimas da pandemia da Covid-19 en Galicia aumentan a 3.474, despois de notificar a Consellería de Sanidade este sábado outro dez falecementos de pacientes con patoloxías previas. O pasado 18 de maio faleceron dúas mulleres de 94 e 97 anos na área sanitaria de Vigo.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...