InicioPolíticaMarea de Vigo pedirá en Pleno anular a prórroga da concesión a...

Marea de Vigo pedirá en Pleno anular a prórroga da concesión a Vitrasa

Esixe tamén denunciar en Inspección os seus incumprimentos e municipalizar o servizo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O grupo municipal Marea de Vigo defenderá no próximo Pleno do Concello unha moción na que insta o goberno local a realizar unha auditoría externa a Vitrasa, a empresa concesionaria do bus urbano, así como a anular a prórroga da concesión feita en plena pandemia, a denunciar as prácticas da empresa ante a Inspección de Traballo e a iniciar os trámites para municipalizar o servizo.

A moción de Marea debaterase nun momento de conflito entre a empresa e o seu persoal, despois de que Vitrasa anunciase a súa intención de aplicar un ‘descolgue salarial’, con rebaixas do 30% nas nóminas dos seus traballadores, e alegando risco de quebra económica.

Este grupo municipal denunciou a actitude da concesionaria, por “utilizar” os seus empregados para “tensionar” as negociacións co Concello e lograr compensacións económicas que melloren a súa xa “vantaxosa” posición. Do mesmo xeito, censuraron que o goberno local non levase a cabo un labor de control e fiscalización da empresa que, á fin e ao cabo, presta un servizo público.

Por todo iso, na súa moción reclaman que o goberno local abra un expediente informativo a Vitrasa se se executa a inaplicación do convenio colectivo e os recortes salariais; que denuncie ante Inspección de Traballo os “graves incumprimentos” en materia laboral; que se anule a prórroga da concesión e se convoque un novo concurso (tal e como anunciara o propio alcalde antes da pandemia de Covid); que se faga unha auditoría externa do servizo; que se municipalice a súa prestación; e que se convoque o Consello Municipal de Transportes.

ÚLTIMAS

( Vídeo) Un guerreiro celta que empequeneceu ao Barça

O multiinstrumentalista galego, Abraham Cuperio, actuou este sábado na previa do RC Celta -...

Vigo ‘pecha’ o seu Nadal ante a alerta laranxa por temporal

Ante a alerta da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior sobre fenómeno meteorolóxico adverso...

O conservatorio de Gondomar levará o nome de Conchita Quintas

Así o anunciou o alcalde Paco Ferreira durante o concerto de Santa Icía deste...

A Xunta dota de docente á unidade de Saúde Mental infanto-xuvenil do Cunqueiro

A Xunta dotou á nova unidade de hospitalización de Saúde Mental infanto-xuvenil do Álvaro...