InicioPolíticaA infanta Elena chega a Vigo para atoparse co rei emérito en...

A infanta Elena chega a Vigo para atoparse co rei emérito en Sanxenxo

O emérito e a súa filla aloxaranse o fin de semana nunha vivenda que Pedro Campos, empresario e presidente do club náutico, ten na zona de Nanín.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A infanta Elena chegou na tarde deste xoves a Vigo para reunirse co seu pai e partir cara á localidade pontevedresa de Sanxenxo, onde pasarán o fin de semana xuntos. Nun voo comercial procedente de Madrid, a filla maior dos reis eméritos Juan Carlos e Sofía aterrou no aeroporto de Peinador minutos antes das 17,00 horas deste xoves.

O emérito e a súa filla aloxaranse o fin de semana nunha vivenda que Pedro Campos, empresario e presidente do club náutico, ten na zona de Nanín, onde xa pasou a noite “moitas veces”. Desta maneira, será a primeira vez que o rei emérito Juan Carlos pise territorio estatal desde hai case dous anos, despois de que o 3 de agosto de 2020 abandonase o país a bordo dun jet privado para instalarse en Abu Dabi.

A razón do seu desprazamento a Sanxenxo, segundo apuntan a Europa Press distintas fontes do municipio e a súa contorna, é porque Don Juan Carlos acudirá a un evento organizado polo club con motivo da súa chegada e do arranque da Copa de España de Vela de 6 Metros, modalidade na que compite o ‘Bribón’.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...