InicioVigo e contornaVigoO BNG de Vigo levará a pleno a petición das familias para...

O BNG de Vigo levará a pleno a petición das familias para baixar ao ‘Villa de Pitanxo’

As vítimas do 'Villa de Pitanxo', entre as que se atopan varios vigueses, e as súas familias non merecen menos", sinalou o edil do BNG, Xabier Pérez Igrexas.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG rexistrou unha proposta de declaración institucional para a súa aprobación no Pleno do Concello, co fin de apoiar a petición dos familiares dos mariñeiros falecidos tras o naufraxio da ‘Villa de Pitanxo’, para baixar ao pecio e buscar información que aclare o ocorrido.

O concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, tachou de “inxustificable” que o de Vigo sexa o único concello con vítimas mortais nese suceso que aínda non se pronunciou formalmente sobre as demandas das familias, e censurou que o alcalde non incluíse esta declaración na orde do día do pleno de abril.

“As vítimas do ‘Villa de Pitanxo’, entre as que se atopan varios vigueses, e as súas familias non merecen menos”, sinalou o edil, quen expresou o seu convencemento de que ese sentimento de apoio e solidariedade é compartido por todos os veciños da cidade olívica.

ÚLTIMAS

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo pagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...

UGT denuncia unha “grave escaseza de persoal” na residencia Alvi Beade de Vigo

UGT Sanidade denunciou publicamente este martes a situación "especialmente preocupante" que atravesa a residencia...

Un ferido atrapado tras envorcar o seu turismo nun accidente na Ramallosa

Segundo informou o 112, varias persoas chamaron ao servizo para alertar de que o...