InicioVigo e contornaVigoDetidos dous homes por roubo con forza nun establecemento de Vigo

Detidos dous homes por roubo con forza nun establecemento de Vigo

Un dos responsables tentou agocharse no soto do local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a dous veciños da cidade, S. F. D., de 41 anos de idade, e J. D. G., de 38 anos de idade, como presuntos autores dun delito de roubo con forza cometido nun establecemento da cidade. Os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do pasado sábado, cando o 092 recibiu un aviso dunha testemuña, que alertaba da presenza de dous homes cometendo un roubo nun local da rúa Travesía de Vigo.

Unha dotación desprazouse ao lugar e observou a persiana do establecemento levantada, as dúas portas de alumnio abertas e cos cristais rotos, e a fechadura rebentada. O interior tamén estaba revolto e, ao inspeccionar o local, atoparon escondido no soto a un dos sospeitosos.

Mentres unha unidade trasladaba a este detido a un centro médico (xa que presentaba cortes nunha man), outra patrulla realizou unha inspección polas inmediacións e localizou ao outro presunto ladrón na rúa Aragón. Ao interceptalo, os axentes comprobaron que estaba moi nervioso e sufocado, e que levaba un par de bolsas, con efectos que o dono do local violentado identificou. Por iso, tamén se procedeu á súa detención.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...