InicioSociedadeDetidos en Vigo tres mozos por un roubo con violencia nun comercio...

Detidos en Vigo tres mozos por un roubo con violencia nun comercio de Navia

Foi o propietario do local o que sorprendeu aos atacantes.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional detivo este xoves en Vigo a tres mozos como autores dun roubo con violencia nun establecemento comercial do barrio de Navia, segundo informou dito corpo de seguridade nun comunicado.

Foi o propietario do local o que sorprendeu, cando chegou ao lugar, a tres mozos no exterior que tentaban levar efectos que se atopaban nuns palés pechados con cadeas. Ao recriminarlles a súa actitude, estes responderon violentamente e fuxiron do lugar.

Por iso, o dono chamou aos axentes, que unha vez alí entrevistáronse tanto co requirente como con outras persoas que se atopaban na zona, tamén testemuñas dos feitos.

Grazas á colaboración cidadá e ao despregamento policial logrouse localizar e deter aos tres autores do roubo, que foron trasladados a dependencias policiais e pasaron a disposición xudicial.

ÚLTIMAS

A Policía investiga o achado dun cadáver en estado de descomposición nunha casa okupada de Vigo

A Policía Nacional investiga o achado do cadáver dun home en estado de descomposición,...

O PP propón un bono mensual de 20 euros para o bus de Vigo ante a subida do billete ordinario

O grupo municipal do PP de Vigo propuxo a implantación dun bono mensual de...

A Doblada: da desidia toponímica á desmemoria histórica

​Hai uns días, a Xunta de Galicia modificou decenas de toponímicos nas catro provincias,...

A Policía Nacional evita en Vigo que un home se lance ao baleiro desde unha terraza

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo-Redondela evitaron que un home se lanzase...