InicioSucesosO exboxeador Roberto Domínguez, trasladado a un centro sanitario para a súa...

O exboxeador Roberto Domínguez, trasladado a un centro sanitario para a súa avaliación psicolóxica

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7, en funcións de garda, ordenou o seu trasladado para valoración psicolóxica e o seu internamento, pero a decisión última correspóndelle aos profesionais sanitarios.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exboseador Roberto Domínguez foi trasladado este mércores a un centro sanitario para realizarlle unha avaliación psicolóxica ao considerar os forenses que non estaba en condicións de declarar, segundo informaron fontes xurídicas.

Foi sobre as 13,30 horas cando Domínguez chegou aos edificios dos xulgados de Vigo tras non prestar declaración na comisaría. Alí, foi recibido por unha forense, que considerou que non estaba en condicións de declarar.

Por iso, minutos antes das 16,00 horas foi trasladado a un centro sanitario para a súa avaliación psicolóxica. Así, saíu esposado dos xulgados escoltado por polo menos oito axentes da Policía Nacional e foi introducido nunha ambulancia, na cal tamén viaxaron varios funcionarios.

A maxistrada do Xulgado de Instrución número 7, en funcións de garda, ordenou o seu trasladado para valoración psicolóxica e o seu internamento, pero a decisión última correspóndelle aos profesionais sanitarios.

O exboseador foi detido por última vez o pasado luns tras ser interceptado pola Policía Nacional en Vigo como presunto autor dun roubo con intimidación na contorna da Praza da Miñoca. As vítimas foron un grupo de mozos aos que lles pediu diñeiro en plena rúa.

Este suceso únese aos protagonizados por Domínguez nas últimas semanas, despois de que fose arrestado en varias ocasións. A primeira tras fuxir da Policía meténdose na auga na praia do Vao despois de vulnerar unha orde de afastamento do seu exparella.

Catro días despois, Roberto Domínguez era detido por causar danos no depósito municipal de vehículos e por atentado contra a autoridade tras tentar atropelar a un axente da Policía Local.

ÚLTIMAS

“A ameaza de carencia de auga é moi severa”, alerta o alcalde de Vigo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, exixiulle á Xunta que reduza "de forma inminente"...

Caballero carga contra os “ignorantes do PP” que non ven que o AVE por Cerdedo avanza “máis rápido que nunca”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, saíu ao paso das críticas do PP da...

PP denuncia que o goberno de Vigo non pediu a axuda estatal de 3,5 millóns para bonificar o billete do bus urbano

O PP de Vigo denunciou este mércores que o goberno local non solicitou a...

Do voto dos emigrantes ao voto da diáspora: como mudou o sufraxio exterior en Galicia

Durante décadas, o voto exterior galego funcionou cun sistema no que a Administración enviaba...