InicioSucesosInterceptan en Vigo un mozo ao que lle constaba unha orde de...

Interceptan en Vigo un mozo ao que lle constaba unha orde de detención

Procedeuse á súa detención inmediata en cumprimento do mandato xudicial.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou na cidade a un mozo de 23 anos ao que lle constaba unha orde de detención e presentación ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Lalín.

Tal como informaron os axentes, foi o pasado sábado sobre as 14,15 horas cando no ámbito de control e vixilancia en materia de seguridade cidadá unha patrulla procedeu á identificación dun mozo na rúa Grove.

Resultou ser A.M.G. de Vigo e 23 anos de idade e, tras realizar un cotexo e verificación telemática dos seus datos, o funcionariado decatouse de que constaba unha orde de detención contra el.

Por iso, procedeuse á súa detención inmediata en cumprimento do mandato xudicial, pasando a disposición do órgano competente.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...