InicioSociedadeUVigo e CSIC confirman que as augas residuais son claves para estudar...

UVigo e CSIC confirman que as augas residuais son claves para estudar a evolución da covid-19

Presentan os resultados dun proxecto de investigación en 15 estacións depuradoras de Galicia.

PUBLICADO O

Un estudo dirixido polo Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC), a Universidade de Vigo (UVigo) e a empresa Geseco S.A. confirmou que o estudo das augas residuais demóstrase como clave, práctico e sensible para coñecer a evolución da incidencia do coronavirus SARS-CoV-2 e as súas variantes.

É a principal conclusión do proxecto ‘DIMCoVAR’, que vén recollido nun artigo publicado en ‘Science of the total Environment’ e que naceu en maio de 2020 a partir da análise de datos solicitados nun total de 15 estacións depuradoras de augas residuais (EDAR) de Galicia en concellos de tamaño medio –de 2.000 a 23.000 habitantes– e sen verteduras procedentes de hospitais.

En concreto, tomáronse mostras das depuradoras de Baiona, Nigrán, Gondomar, Cambados, Moraña, Porto do Son, Muros, Melide, Ares, Cedeira e Noia. A estas hai que sumar, a petición das autoridades sanitarias, as estacións da Pobra do Caramiñal, Betanzos, Burela e Viveiro.

O obxectivo xeral deste estudo, tal e como explica o CSIC, era determinar se a análise das augas residuais permitía detectar o virus e predicir a evolución da pandemia en Galicia, para así pór a disposición das administracións públicas unha ferramenta coa que adiantarse ás sucesivas ondas de infeccións.

Antonio Figueras, profesor de investigación do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas (IIM), con sede en Vigo, explica que a “rápida propagación” do SARS-CoV-2 “evidenciou pronto a necesidade de desenvolver ferramentas para detectar masivamente a súa presenza” nas comunidades.

“Así, a carga viral en augas residuais utilizouse para detectar gromos de covid-19 e seguir a evolución da poboación infectada e os protocolos de detección do material xenético en augas residuais e a súa cuantificación optimizáronse cada vez máis desde o inicio da pandemia”, prosegue.

TAMÉN ANALIZA MEXILLÓNS

A mostraxe da auga realizouse tanto nas 15 estacións mencionadas –unha ou dúas mostras por semana– como no punto de vertedura no mar –cada dúas semanas en auga mariña, en sedimentos e en mexillóns salvaxes e de acuicultura pola súa capacidade de filtrado de auga– e os datos analizáronse a través dunha plataforma dixital “cun modelo mecanicista predictivo”, tal e como indica Beatriz Novoa, outra profesora do CSIC no IIM.

Este modelo, dos integrantes do grupo Enxeñaría de Procesos do IIM, é o primeiro que incorpora datos sanitarios e de carga viral en auga. A través do mesmo, engade Otero-Muras, obtivéronse predicións en horizontes temporais de 7-10 días, que permitiron analizar tamén os efectos das distintas políticas de mitigación da pandemia na evolución do número de persoas infectadas.

Ademais, tal e como destaca a profesora Novoa, este traballo achega “diferenciais respecto de estudos publicados anteriormente”, como son a avaliación do destino do virus en augas residuais e ambientes mariños, da eficiencia da EDAR na eliminación do material xenético do SARS-CoV-2 e o desenvolvemento dun modelo mecanicista que mostre capacidade predictiva para prognosticar a evolución da pandemia a nivel municipal.

“Os resultados confirmaron a capacidade da vixilancia de augas residuais para seguir a evolución da pandemia en Galicia, a través do monitoreo de augas residuais SARS-CoV-2 dunha serie de municipios representativos”, resume Claudio Cameselle, da UVigo.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...