InicioSociedadeOrganizadores de Navalia esperan que o Rei asista á inauguración da feira

Organizadores de Navalia esperan que o Rei asista á inauguración da feira

Terá lugar o próximo 24 de maio en Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Organizadores da Feira Internacional da Industria Naval (Navalia) esperan contar coa presenza do Rei Felipe VI na inauguración do evento, prevista para o próximo 24 de maio.

O comité executivo de Navalia celebrou este luns a súa última reunión de traballo antes da celebración da oitava edición da feira e, nun comunicado, destacaron que, se as axendas permíteno, podería ser a primeira vez que o monarca asista á apertura dun evento deste tipo na cidade olívica.

“Aínda quedan varias semanas por diante, as axendas poden cambiar, pero a noticia é o mellor agasallo que podiamos ter porque para nós é moi importante esa consideración da súa Maxestade o Rei Felipe VI“, destacou o presidente de Navalia, José García Costas.

Ese día, o 24 de maio, espérase que os reis de España Felipe e Letizia visiten Vigo para inaugurar a nova Cidade da Xustiza, situada no antigo edificio do hospital Xeral que foi rehabilitado.

Deseño naval, financiamento, barcos eléctricos, turismo náutico, análise de avarías, alternativas á soldadura, transformación dixital nos buques, innovación e pesca, ciberseguridade naval, dixitalización do sector naval, sustentabilidade ou loxística serán os temas principais no programa de xornadas técnicas.

Como cada ano, Navalia contará con dúas aulas dentro do recinto, a aula Porto de Vigo e a aula Cepsa. Dous espazos con capacidade para cen persoas onde se celebrarán case medio centenar de charlas, relatorios e mesas redondas.

Este ano, por primeira vez, a organización suma tamén o auditorio do Ifevi, que acollerá eventos que polas súas características requirían dun espazo máis amplo, como unha xornada da Armada sobre Modernización de Sistema Navais e que contará con oito relatorios, así como o Summit Internacional de Aclunaga, con catro relatorios sobre hidróxeno, GNL e buques non tripulados.

Navalia abrirá as súas portas con case 400 expositores e 900 marcas representadas. Ademais, a feira incrementará as cifras de participación estranxeira, xa que os expositores internacionais crecerán un 20% respecto de 2018.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...