InicioSociedadeCogami forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de...

Cogami forma como mozo de almacén a 15 persoas con discapacidade de Vigo

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) iniciou en Vigo un curso de almacén e carretilla no que se están formando 15 persoas con certificado de discapacidade ou con certificado de incapacidade laboral para a profesión habitual.

Este curso forma parte do programa de inserción laboral Máis Emprego, dirixido a persoas con discapacidade ou con incapacidade laboral empadroadas na provincia de Pontevedra e con idades comprendidas entre 18 e 62 anos.

Tal como indicou Cogami nun comunicado, o obxectivo é favorecer o acceso ao mercado laboral por primeira vez ou de realizar unha reciclaxe profesional. Esta formación conta cunha duración de 120 horas, das que 50 horas serán impartidas en clases teóricas e 70 horas serán realizadas con prácticas en empresas.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

O PP acusa a Caballero de “engano masivo” por gastar “só o 23%” do orzamento de 2025

O PP de Vigo acusou ao alcalde, Abel Caballero, de "engano masivo" cos orzamentos...