InicioSucesosArquivada a causa contra dous profesores de Arte Dramática investigados por abusos...

Arquivada a causa contra dous profesores de Arte Dramática investigados por abusos a alumnas en Vigo

A sección da Audiencia Provincial déixaos libres por falta corroboración dos feitos denunciados.

PUBLICADO O

A sección da Audiencia Provincial de Pontevedra con sede en Vigo decidiu arquivar a causa contra dous profesores da Escola de Arte Dramática denunciados por alumnas por supostos abusos sexuais. Así o confirmaron fontes xudiciais, que sinalan que, nun auto ditado esta semana, declara o sobresemento provisional da causa aberta aos dous profesores e déixaos libres por falta corroboración dos feitos denunciados.

O pasado mes de xaneiro, o xulgado de Instrución número 4 de Vigo daba por rematada a investigación xudicial sobre os supostos abusos sexuais e ordenaba que se seguise a causa contra dúas dos profesores denunciados, mentres que decretaba o sobresemento con respecto a outro profesor, ao entender que os feitos denunciados xa prescribiron.

Segundo informaron naquel momento fontes do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), o xuíz sinalou que os feitos foron denunciados o 19 de outubro de 2020 e, a efectos de prescrición, deben terse en conta os que foron cometidos con posterioridade ao 19 de outubro de 2015. Tendo isto en consideración, decretou o sobresemento das actuacións con respecto a un dos docentes, que foi denunciado por sete alumnas.

Os dous profesores contra os que se seguían as actuacións agora arquivadas foran denunciados por dúas estudantes (unha delas denunciou un dos docentes, e a outra aos dous), como autores de supostos delitos de acoso e/ou abuso sexual.

ÚLTIMAS

O grupo municipal do PP denuncia que o Concello só dea “3 días” aos grupos para analizar a PXOM tras a súa tramitación “opaca”

O PP de Vigo reprochou este xoves que o Concello olívico só dea "tres días hábiles" aos grupos...

Traballadores de Vitrasa saen de novo á rúa para solicitar que a empresa e o goberno local acheguen unha solución

Decenas de traballadores de Vitrasa, concesionaria municipal do transporte urbano da cidade de Vigo,...

Policías nacionais denuncian falta de efectivos no Nadal e piden unha vía de emerxencias libre de tráfico

Os sindicatos da Policía Nacional CEP e Jupol denunciaron este xoves falta de axentes na cidade de Vigo para...

Excarceran unha condutora tras saír da vía en Mos

A condutora dun turismo resultou ferida e tivo que ser excarcerada tras saírse da...