InicioEconomíaA Xunta tende a man ao Concello de Vigo para deseñar un...

A Xunta tende a man ao Concello de Vigo para deseñar un “anel verde” que poña en valor os montes da contorna

Busca tamén avanzar na prevención de incendios forestais.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O conselleiro de Medio Rural en funcións, José González, tendeu a man ao Concello de Vigo para deseñar de forma conxunta un “anel verde” que sirva para pór en valor os montes da contorna da cidade e para avanzar na prevención de incendios forestais.

Así o sinalou no acto de celebración do 25º aniversario da Mancomunidade de Montes de Vigo, ao que asistiu acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luís Adoito.

No acto, aproveitou para pór en valor os preto de 1,4 millóns de euros investidos polo Executivo galego no seu Plan de acción do monte periurbano de Vigo, programado tras os lumes forestais de outubro de 2017.

Así mesmo, José González instou ao Concello de Vigo a que se some ao traballo conxunto e á colaboración institucional, incorporándose ao convenio de protección das aldeas ao que xa están adheridos un total de 273 consistorios galegos, xunto coa Xunta, a Federación galega de municipios e provincias (Fegamp) e a empresa pública Seaga.

Nesa liña, aseverou que o Goberno galego, a Mancomunidade e o propio Concello deben ser capaces de formar ese tándem que permita implantar un monte periurbano que sirva de modelo para toda Galicia.

ÚLTIMAS

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...