InicioVigo e contornaVigoDetido un rapaz de 17 anos tras roubar un bolso en Vigo

Detido un rapaz de 17 anos tras roubar un bolso en Vigo

O menor chegou a ameazar á vítima e o seu acompañante.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un menor de 17 anos de idade, A.D.C.V. de Perú, foi detido esta madrugada en Vigo tras roubar un bolso polo método do tirón, segundo informou a Policía Local nun comunicado. Os feitos ocorreron pasados uns minutos das 03,00 horas, cando unha muller informou os axentes de que se atopaba falando cun amigo sentada nun banco da rúa Inés Pérez de Ceta, cando un home lle arrebatou violentamente o bolso polo método do tirón.

A vítima e o seu acompañante decidiron ir detrás del e o mozo, ao ver que lle ían gañando terreo, tiroulles o bolso debaixo dun vehículo, encarouse con eles e ameazounos no caso de que continuasen seguíndoo. Por iso, estableceuse un operativo de procura, achando ao individuo nas proximidades de Praza de Compostela grazas a que levaba unha cazadora de estampado militar. Ao decatarse da presenza policial, o home tratou de dar a volta á súa vestimenta para evitar ser recoñecido. Con todo, foi identificado e detido pola suposta comisión dun delito de roubo con violencia.

ÚLTIMAS

Sete detidos e tres feridos graves nunha liorta con armas brancas nunha casa okupada

Axentes da Policía Nacional da Comisaría de Vigo detiveron a sete persoas durante unha...

Profesores en pé de guerra nas rúas de Vigo: “A situación no ensino público é de emerxencia”

Decenas de profesores saíron á rúa este martes en Vigo, no marco da folga...

O BNG e o Concello de Vigo cruzan críticas pola “inacción” ante o prezo da vivenda

O grupo municipal do BNG criticou este luns a "inacción" da Xunta e do...

Caballero presume dun 90 % de ocupación en Vigo polo Nadal e carga contra os “antiVigo”: “Desgústalles que nos vaia ben”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cifrou no 90 % o nivel de ocupación...