InicioVigo e contornaVigoDetido por segunda vez en tres días tras agredir á súa exparella...

Detido por segunda vez en tres días tras agredir á súa exparella na rúa

O home fora xa interceptado por durmir nuns xardíns coa muller.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un mozo, R.B.E.M. de Portugal e 27 anos de idade, foi detido en Vigo por segunda vez en tres días tras agredir á súa exparella en plena rúa, sobre a cal tiña unha orde de afastamento. Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron na madrugada deste pasado martes, cando un veciño contactou cos axentes tras ouvir os berros de auxilio dunha muller pasadas as 04,30 horas na Avenida das Camelias.

Unha vez no lugar, os actuantes atopáronse cunha muller, de 36 anos de idade, que manifestou “moi nerviosa” que acababa de ser agredida pola súa exparella. Os axentes interceptaron ao home cando se dirixía a Praza América. El mesmo relatou que minutos antes se cruzou coa súa exparella que ía acompañada doutro home e que o increparon, recoñecendo que a agrediu e que lle constaba unha orde de afastamento sobre a mencionada muller.

Por iso, os axentes comprobaron esa información, constando en vigor unha prohibición de aproximarse a menos de 200 metros da vítima, ditada polo Xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 de Vigo. Ademais, decatáronse de que o mozo fora detido dous días antes como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena, ao saltar unha orde de afastamento con respecto á muller, coa que foi sorprendido durmindo nuns xardíns da cidade de Vigo.

ÚLTIMAS

Unha empresa inmobiliaria de Baiona sofre a ira do desahucio de Maricarmen en Madrid

Unha empresa inmobiliaria de recente creación con sede en Baiona viuse obrigada a emitir...

Balaídos terá unha ‘Tribuna Iago Aspas’: Caballero anuncia que levará o nome do xogador e terá unha estatua ao seu carón

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que a bancada de Tribuna do estadio...

Vox leva ao xulgado os incidentes nunha mesa informativa en Cangas e estuda accións polo acto frustrado de Santiago

Vox presentou este martes unha denuncia ante a sección de instrución do Xulgado de...

Foanpas denuncia “carencias de profesorado” e “caos” no transporte escolar neste inicio de curso en Vigo

A Federación Olívica de Asociacións de Nais e Pais de Centros Escolares de Vigo...