InicioSucesosRoberto Domínguez, o ex boxeador detido dúas veces en menos dunha semana

Roberto Domínguez, o ex boxeador detido dúas veces en menos dunha semana

Desta volta foi detido por intento de agresión a un axente.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O exboxeador vigués Roberto Domínguez foi detido de novo nas últimas horas (o segundo arresto en catro días) por causar danos no depósito municipal de vehículos e por atentado contra a autoridade, tras tentar atropelar a un axente da Policía Local.

Segundo confirmaron fontes xudiciais, o detido pasou a disposición do xulgado de instrución 6 de Vigo (tras ser sometido a unha avaliación psicolóxica), que decretou a súa posta en liberdade, en calidade de investigado.

A segunda detención en poucos días de Roberto Domínguez produciuse este martes no depósito municipal. O exboxeador acudira ao recinto pola mañá para retirar un coche que pertencera á súa parella, falecida recentemente, pero o empregado das instalacións non accedeu a darllo, xa que non figura como titular do vehículo.

Domínguez regresou pola tarde e, aproveitando un momento no que un guindastre saía do recinto, coouse no seu interior. Así, accedeu ao coche que buscaba, do que tiña chave e arrincouno. Cando foi requirido polo persoal de depósito reaccionou de forma violenta, golpeando o parabrisas do vehículo.

Ademais, chegou a lanzar unha cadeira contra o cristal da oficina do depósito e tentou atropelar a un axente da dotación do 092 que se presentou no lugar, alertada polos traballadores. Finalmente, accedeu a falar cunha médica do 061, que lle administrou un sedante, antes de ser trasladado a un centro hospitalario, xa detido.

Dáse a circunstancia de que este exboxeador vigués, que ten antecedentes, foi detido o pasado venres na praia do Vao, cando tratou de fuxir da Policía meténdose na auga. Nesa ocasión, foi arrestado tras vulnerar unha orde de afastamento da súa exparella.

ÚLTIMAS

A praza baleira e a nosa débeda con Martínez Garrido

O outro día atopeime cunha imaxe tan chocante como reveladora: o busto do Rei...

O PP afea a Caballero que se acorde das familias “só en ano electoral” e pide recuperar as axudas para libros

O grupo municipal do PP en Vigo reclamou este martes ao goberno local que...

A falta de visibilidade en Peinador obriga a regresar a Madrid a un avión con destino Vigo

A falta de visibilidade obrigou a regresar a Madrid ao piloto do voo de...

‘Romaría’: Carla Simón viaxa á ría de Vigo para reconstruír o pasado dos seus pais

A cidade de Vigo acolle este martes a preestrea do filme 'Romaría' (a estrea...