InicioVigo e contornaVigoDetido un mozo en Vigo tras violar unha orde de afastamento

Detido un mozo en Vigo tras violar unha orde de afastamento

O home foi localizado durmindo nuns xardíns xunto á muller da que debía manterse separado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 27 anos de idade, R.B.E.M., natural de Portugal, como presunto autor dun delito de quebrantamento de condena, ao saltar unha orde de afastamento dunha muller, coa que foi sorprendido durmindo nuns xardíns da cidade.

Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da mañá do pasado domingo, cando unha patrulla do 092 dirixiuse ao xardín urbano do Castro para proceder á apertura das portas que dan acceso ao miradoiro.

Os axentes accederon ao interior do recinto, que se pecha todas as noites para evitar actos vandálicos, e deron cunha parella durmindo dentro duns sacos nunha zona axardinada. Dado que empregados municipais revisan as instalacións todas as noites, a Policía sospeita que a parella se ocultou para quedar dentro.

Ao comprobar os seus datos de filiación, os policías descubriron que ao home lle consta unha prohibición de achegarse a menos de 200 metros da muller coa que se atopaba, ditada polo xulgado de Violencia sobre a Muller número 1 de Vigo. Por iso, procederon á súa detención.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...