InicioEconomíaO hotel Attica21 Vigo abrirá as súas portas en Samil o 15...

O hotel Attica21 Vigo abrirá as súas portas en Samil o 15 de xuño

Bota a andar tras case dous anos de obras e un investimento de 25 millóns de euros.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O novo hotel Attica21 Vigo Business & Wellness abrirá as súas portas o próximo 15 xuño fronte á praia de Samil, tras case dous anos de obras e un investimento de 25 millóns de euros, converténdose no oitavo establecemento da cadea Attica21 Hotels, propiedade de Inveravante e que ten hoteis en Galicia, Madrid e Cataluña.

O novo complexo hoteleiro, de 4 estrelas superior e con 157 habitacións, combinará o turismo vacacional, urbano, de negocios e ‘wellness’, proxectando a súa actividade os 365 días do ano e “reforzando o posicionamento de Vigo como destino tanto urbano como vacacional”, segundo recalcaron fontes da empresa.

O hotel erixiuse na parcela que ocupou durante anos o antigo hotel Samil e foi construído coa premisa de integrarse na paisaxe e respectar a contorna. Así, o establecemento conta con varios edificios, orientados cara á praia e o horizonte, coas Illas Cíes de fondo, aproveitando ao máximo a luz natural.

Attica21 Vigo dispón de 157 habitacións, de entre 28 e 65 metros cadrados, e de diferentes categorías, todas exteriores e con terraza privada. Ademais, conta cun espazo gastronómico formado por tres ambientes: un comedor principal, unha terraza panorámica e un reservado. O hotel ofrecerá unha carta de produtos de proximidade e aspira a converterse nun “punto de encontro”, tanto para a cidadanía viguesa como para quen se hospede nel.

Por outra banda, dará tamén moito protagonismo ao segmento de negocios e dispón dunha área de 900 metros cadrados para eventos e reunións, con tecnoloxía avanzada en medios audiovisuais. Así mesmo, ten unha zona exterior para a organización de catering ao aire libre e a realización de presentacións.

A oferta do complexo inclúe zona de spa, composta por un circuíto de hidroterapia con piscina dinámica; baño turco; sauna finlandesa; ducha de esencias, nebulizante e bitérmica; fonte de xeo; jacuzzis; camas térmicas; e zona relax con cheminea exterior. O hotel conta tamén cunha cabina dobre con luz natural, bañeira de hidromasaxe para dúas persoas e outros servizos.

Finalmente, na zona fitness, o establecemento ten un ximnasio boutique aberto á cidade de Vigo con servizo de adestramento persoal, tamén para o hóspede aloxado; un club de running ou sesións de ioga, para grupos reducidos.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...