InicioSociedadeDetido en Vigo tras agredir a súa parella en plena rúa

Detido en Vigo tras agredir a súa parella en plena rúa

O home foi interceptado minutos despois en compañía doutros dous homes, e mostrouse agresivo tamén no momento da detención.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, D.A.E.L. de Vigo e 40 anos de idade, foi detido na madrugada deste domingo na cidade olívica despois de agredir á súa parella en plena rúa un cinto. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 02,20 horas na Avenida de Castrelos e, tras a chamada dun alertante, os axentes atoparon no lugar á suposta vítima, G.M.G. de Vigo e 34 anos de idade.

Ela atopábase chorando nun banco e presentaba un corte na fazula, así como as mans ensanguentadas. A pesar de que nun principio non quería dar ningún tipo de información aos actuantes, finalmente explicou que a súa parella a agredira, a proxectara contra un enreixado e a golpeara cun cinto, á vez que lle propinaba patadas.

Outros dous homes que acompañaban ao aludido lograron suxeitalo e sacalo do lugar, dirección Praza América, polo que, tras solicitar axuda médica, que trasladou á muller ao hospital Álvaro Cunqueiro, púxose en marcha un dispositivo de procura.

O home foi interceptado minutos despois na avenida Alcalde Portanet en compañía dos outros dous homes, sendo detido como presunto autor dun delito de violencia de xénero. No momento da detención mostrouse agresivo cos axentes.

OUTRA DETENCIÓN

Por outro lado, un mozo, L.G.D.A. de Brasil e 23 anos de idade, foi detido na madrugada deste domingo despois de agredir a un home cunha botella de cristal na Praza da Estrela de Vigo.

Tal como informou a Policía Local, os feitos ocorreron sobre as 02,45 horas, cando unha patrulla que se atopaba na rúa Areal realizando labores de vixilancia atopouse con A.C.D.S. de Cabo Verde e 41 anos de idade.

Este home presentaba un corte na boneca dereita, así como unha ferida sanguenta na caluga. El mesmo manifestou que minutos antes, na Praza da Estrela, viuse increpado por dous mozos e, sen mediar ningún tipo de provocación, un deles colleu unha botella de cristal rota e golpeoulle na cabeza en varias ocasións, ademais de realizarlle cortes na man dereita.

ÚLTIMAS

Vigo converterase en abril no epicentro mundial da pesca sustentable co Global Sustainable Seafood Galicia Forum

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse este mércores...

A familia do vigués falecido nun aeroxerador en Burgos defende a inocencia dos seus amigos: “Non teñen a culpa do ocorrido”

A familia de Yibrán Javier Rodríguez, o mozo vigués de 23 anos que faleceu...

Caballero acusa á Xunta de “afundir” parte do campo de fútbol da ETEA e dálle cinco días para reparalo

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este mércores que a Xunta “afundiu” parte...

O Goberno vigués veta unha declaración institucional para pedir a fin das peaxes na AP-9

O goberno municipal de Vigo vetou este mércores unha proposta de declaración institucional, promovida...