InicioSociedadeDetectado en Vigo un terceiro caso de hepatite aguda infantil

Detectado en Vigo un terceiro caso de hepatite aguda infantil

A persoa atópase "asintomática e coa analítica normalizada".

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade comunicou este sábado que se detectou na área sanitaria de Vigo o terceiro caso de hepatite aguda infantil de orixe descoñecida en Galicia.

Segundo informou Sanidade, trátase dun caso do mes de febreiro e a día de hoxe a persoa atópase “asintomática e coa analítica normalizada”. Así mesmo, a Consellería sinalou que o sistema sanitario galego permanece alerta para detectar máis posibles casos.

Neste sentido, a semana pasada a Xunta comunicou que o sistema de vixilancia epidemiolóxica de Sanidade detectou un primeiro caso no mes de xaneiro, sendo a evolución do paciente positiva. Ademais, trasladaron a existencia doutro caso que se está tratando na actualidade e que evoluciona favorablemente.

ÚLTIMAS

A Policía de Vigo mantén abertas todas as liñas de investigación polo incendio dun edificio en Cesáreo González

A Policía Nacional de Vigo investiga "con todas as liñas abertas" o incendio ocorrido...

Abel Caballero esixe desculpas a Alfonso Rueda polo atraso do AVE a Porto ata 2039

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, cargou contra o presidente da Xunta, Alfonso Rueda,...

25 de Abril: Unha revolución permanente

O 25 de abril de 1974 foi unha revolución decisiva en Portugal, que acabou...

Tres persoas feridas, unha delas de gravidade, nun incendio nun edificio en Vigo

Tres persoas resultaron afectadas, unha delas de gravidade, tras un incendio nun edificio situado...