InicioEconomíaA Feira Internacional da Industria Naval regresa a Vigo en maio

A Feira Internacional da Industria Naval regresa a Vigo en maio

Contará con 400 expositores, 900 marcas e 20.000 profesionais do sector da industria naval.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Feira Internacional da Industria Naval volverá celebrarse en Vigo entre o 24 e o 26 de maio, polo que contará coa participación duns 400 expositores, 900 marcas e espera alcanzar os 20.000 visitantes profesionais.

Tras a cancelación da que tería que ser a súa oitava edición en 2020, causada pola pandemia do coronavirus, Navalia abrirá as súas portas o próximo mes de maio e incrementará as cifras de participación estranxeira, xa que os expositores internacionais crecen un 20% con respecto a 2018.

Segundo anunciou a organización, Irán, Lituania, Austria, Sri-Lanka, China, Eslovenia, Turquía ou Croacia participarán na feira, así como delegacións confirmadas de Cabo Verde, Paraguai, Arxentina, Colombia ou Holanda. Os clústeres estatais do sector tamén estarán presentes en Vigo a través de Andalucía, Cádiz, Canarias, Cantabria, Galicia, o Foro Marítimo Vasco e o Clúster Marítimo Español, do que Navalia ademais forma parte.

Navalia, que é a día de hoxe a cita máis importante de España dentro do sector naval e que se sitúa entre as tres máis influentes de Europa na era post Covid, ocupará os pavillóns 1, 2 e estreará o pavillón 4 ampliado do recinto feiral de Vigo, Ifevi. Tamén empregará o espazo do hall e de novo aumentará a súa exposición exterior. A organización espera alcanzar os 20.000 visitantes profesionais.

DIFUSIÓN DE COÑECEMENTO

Ao longo de tres días, Navalia converterase nun punto de difusión de coñecemento e novidades internacionais dentro do sector naval grazas ao seu programa de xornadas técnicas dirixidas a profesionais e de carácter gratuíto para asistentes.

Nesta ocasión, a través de case 40 accións, entre conferencias, mesas redondas e demostracións, o foco centrarase en temas como a ciberseguridade naval, a innovación no sector marítimo, a loxística para o sector ou os riscos na construción naval, entre outros.

Pola súa banda, a Cámara de Comercio de Pontevedra, Vigo e Vilagarcía de Arousa co Consorcio da Zona Franca de Vigo levarán a cabo unha misión comercial inversa que se celebrará no marco de Navalia 2022, do mesmo xeito que a Xunta de Galicia. Ambas contarán con empresas procedentes de Colombia, Chile, Perú, Panamá, Marrocos e Italia, entre outros países.

No marco da Feira, volverá celebrarse a entrega dos premios FINE, uns galardóns que teñen como obxectivo recoñecer o gran labor dos profesionais dentro do sector.

ÚLTIMAS

A Xunta di que o contrato con Povisa está pendente “dos últimos matices” para que a empresa se presente

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, explicou este xoves que o contrato de...

Stellantis Vigo é competitiva, segundo o número dous do grupo industrial

Os sindicatos do comité de empresa da factoría de Stellantis en Vigo trasladaron este...

O Concello de Vigo asume os custos pola perda de axudas ao bus urbano

O Concello de Vigo asumirá os custos da perda de axudas ao transporte urbano...

As obras do hospital de día do Chuvi finalizarán antes do verán

As obras de ampliación do hospital de día do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo...