InicioCulturaSalvador Sobral, Abe Rábade e La Zowi actuarán no Festival TerraCeo de...

Salvador Sobral, Abe Rábade e La Zowi actuarán no Festival TerraCeo de Vigo

Será o 19 de agosto, na terraza do auditorio Mar de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O artista portugués Salvador Sobral, gañador de Eurovisión en 2017, xunto co pianista galego Abe Rábade e La Zowi únense á terceira edición do Festival TerraCeo de Vigo.

Segundo anunciaron os seus organizadores, Abe e Salvador conservan unha amizade forxada desde a admiración mutua, polo que actuarán o próximo 19 de agosto na terraza do auditorio Mar de Vigo xunto coa Zowi.

Esta actuación “reafirma” as dúas liñas de programación que terá este ano o Festival: por unha banda, internacionalización, e por outro, o aumento da presenza feminina, ademais de buscar estilos musicais variados para distintos públicos.

Salvador Sobral saltou á fama tras ser o único gañador portugués do Festival de Eurovisión, logrando a máxima puntuación conseguida ata o momento.

Abe Rábade é un pianista e compositor compostelán e un dos músicos máis reputados da escena jazzística galega.

Pola súa banda, La Zowi comezou facendo música co colectivo Atlanta 808 Mafia, colaboradores de Cardi B e seguiu traballando coas producións experimentais de Zora Jones, entre outras. O seu próximo álbum verá a luz este mesmo ano.

ÚLTIMAS

O xefe da Policía Local de Vigo, novo investigado na causa polo accidente mortal do ‘Saltamontes’

O xefe da Policía Local de Vigo, Alberto Carballo, súmase á lista de persoas...

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...