InicioSucesosNovo revés xudicial no caso Déborah tras negar o xulgado probas de...

Novo revés xudicial no caso Déborah tras negar o xulgado probas de ADN dunha das testemuñas

Se non hai novidades antes, este sábado prescribirá o caso (ao cumprirse 20 anos dos feitos), salvo para todas aquelas actuacións que teñan que ver co investigado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O xulgado de instrución número 2 de Tui ditou auto no que rexeita citar como investigado a unha testemuña da que se fixeron probas de ADN que desvelaron coincidencias coa análise dun pelo atopado no corpo de Déborah Fernández Cervera, xa que ditas coincidencias non son concluíntes e non permiten apuntar de ningún modo a súa posible participación na desaparición e morte da nova.

Segundo confirmaron os letrados da familia, nestes momentos segue habendo un único investigado (imputado) no caso e é o exmozo da moza, que o pasado 11 de marzo prestou declaración e reivindicou a súa inocencia.

A instancias destes avogados, practicáronse numerosas probas de ADN, entre elas a unha persoa que foi investigada policialmente e cuxos resultados comparativos arroxaron unha coincidencia, aínda que non concluínte. Ademais, os propios peritos do Instituto Nacional de Toxicoloxía, que compareceron ante a xuíza, foron “contundentes” ao afirmar que non se pode determinar a participación desa testemuña nos feitos.

Precisamente por iso, a xuíza descartou unha nova imputación e, segundo matizaron os avogados da familia, tampouco hai novas pistas que puidesen apuntar a unha posible exculpación do único investigado.

Se non hai novidades antes, este sábado prescribirá o caso (ao cumprirse 20 anos dos feitos), salvo para todas aquelas actuacións que teñan que ver co investigado. É dicir, non se poderá imputar a ninguén máis pola desaparición e morte de Déborah Fernández Cervera e, a partir de aí, o xulgado deberá decidir se a instrución acaba con apertura de xuízo contra o exmozo ou se se arquiva definitivamente o procedemento.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...