InicioEconomíaStellantis Vigo anuncia novos paróns ante a falta de pezas

Stellantis Vigo anuncia novos paróns ante a falta de pezas

A fábrica reorganiza a produción para "minimizar o máximo posible" o impacto de días de parada no persoal.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A fábrica viguesa do grupo automobilístico Stellantis anunciou novos paros na súa actividade ante a falta de determinadas pezas necesarias para a produción dos seus vehículos. Así, a planta de Balaídos deterá a actividade do seu Sistema 1, onde se ensamblan os Peugeot 301 e 2008, e o Citroën C-Elysée, o vindeiro luns 2 de maio. A previsión é que os operarios volvan á liña de montaxe o martes 3 na quenda das 06,00 horas.

Pola súa banda, o Sistema 2 fabricará só o modelo B78 (o C4 Picasso) o vindeiro venres, 29 de abril, no canto do mix habitual da liña. Ademais, tamén parará o vindeiro luns, día 2 de maio. Espérase, ademais, que durante a xornada do martes 3 se fabrique exclusivamente tamén o vehículo B78, mentres que a partir do mércores 4 producirase un mix composto polo B78 e a versión eléctrica do K9 (as furgonetas das diferentes marcas do grupo).

“A previsión actual é producir con este mix durante o resto da semana e a semana seguinte, cunha apertura en montaxe de dúas quendas ao día, que se programarán de maneira equilibrada entre o tres equipos”, informou a empresa.

Stellantis Vigo tamén explicou que a dirección organizou a produción con este esquema de funcionamento coa intención de poder xestionar o maior número de pezas dispoñibles dos modelos que se fabrican para “minimizar o máximo posible” o impacto de días de parada no persoal.

ÚLTIMAS

Un falecido e tres feridos nun choque frontal en Redondela: un dos ocupantes quedou atrapado no vehículo

Unha persoa faleceu e outras tres resultaron feridas nunha colisión entre dous vehículos este...

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

Buscan un novo plan funcional e estratéxico para o IFEVI de Vigo

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, informou de que este venres...