InicioVigo e contornaVigoDetido un menor de Vigo por agredir á súa nai tras discutir...

Detido un menor de Vigo por agredir á súa nai tras discutir por cartos

A muller tivo que agocharse nunha habitación ante a actitude violenta do mozo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un menor, un mozo de 17 anos, como presunto autor dun delito de violencia no ámbito familiar, por agredir supostamente á súa nai, que tivo que refuxiarse nunha habitación para pedir axuda. Segundo informaron fontes policiais, os feitos ocorreron á primeira hora da tarde do pasado venres, cando a vítima chamou á Policía Local de Pontevedra para informar de que estaba encerrada nunha habitación por medo ao seu fillo, que a acababa de agredir, na rúa Ramón Nieto de Vigo, aínda que sen facilitar ningún número do inmoble.

A Policía Local de Pontevedra contactou entón co 092 de Vigo e facilitou o número de teléfono da requirente, pero ao contactar os axentes, a chamada foi atendida por un home que colgou de inmediato. Os axentes realizaron xestións e pescudaron a través dos servizos informáticos a identidade do titular da liña e o domicilio, cara a onde se dirixiron de inmediato. Ao chegar á vivenda, atopáronse coa muller, en estado moi alterado, e co suposto agresor, o seu fillo, en actitude violenta; así mesmo, ao domicilio desprazáronse os pais da muller, aos que ela mesma alertara pedindo axuda.

A nai relatou aos policías que vive co seu fillo desde hai un ano nese domicilio, despois de que o menor estivese 2 meses internado nun centro, e que esa mañá mantiveran unha discusión por unha cuestión menor, durante a cal o seu fillo lle esixiu certa cantidade de diñeiro. No transcurso da rifa, o mozo mostrou unha actitude moi violenta cara á súa nai, insultándoa e agarrándoa polos brazos. Ela logrou zafarse e, temendo pola súa integridade física, escondeuse nunha das habitacións, desde onde chamou aos seus pais.

A muller explicou aos axentes que o seu fillo comezou a golpear fortemente a porta do dormitorio, ata que conseguiu arrincala do marco, e volveu agredila, tirándoa sobre a cama. Segundo o seu relato, o seu fillo xa a agrediu en anteriores ocasións, aínda que non presentara denuncia. Nese momento, pediu aos policías que o levasen, dado que era “incapaz de controlalo” e temía pola súa integridade. Os funcionarios da Policía Local procederon á detención de menor, e avisaron ao 061 para que atendese á muller e dispuxese o seu traslado a un centro sanitario.

ÚLTIMAS

O temporal complica o tráfico aéreo en Vigo: voos desviados, cancelacións e avións que tiveron que regresar a orixe

O temporal que afecta estes días a Galicia tamén obrigou a cancelar e a...

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...