InicioEconomíaO Foro Fundamental celebrado en Vigo tratou este martes as oportunidades para...

O Foro Fundamental celebrado en Vigo tratou este martes as oportunidades para xente nova

Na mesma mesa tamén participou Sonia Postigo, da Dirección Xeral da Función Pública, quen destacou que na actualidade existe a oportunidade de traballar en diferentes lugares do mundo xa que os postos a día de hoxe de funcionariado son "dinámicos".

PUBLICADO O

- Advertisement -

O Foro Fundamental abriu as súas portas este martes en Vigo reunindo a empresas e reclutadores, administracións públicas e representantes do mundo do emprendimiento nunha xornada titulada ‘Capacitación’ que contou con diversas mesas de debate e talleres dirixidos aos estudantes alí presentes.

No hall do auditorio Mar de Vigo, representantes de diferentes institucións como a Universidade de Vigo ou de compañías como Profand, Zendal ou Vidv, así como Adecco, Eurofirms, Partenon, BDO ou Grupo Aluman déronse cita e participaron nas diferentes actividades do evento.

A primeira mesa, ‘Sementes para un futuro diferente’, foi moderada polo vicerreitor de Economía da UVigo, José María Moreno. Nela abordáronse cuestións como os programas de emprego para mozos da Xunta de Galicia.

Na mesma mesa tamén participou Sonia Postigo, da Dirección Xeral da Función Pública, quen destacou que na actualidade existe a oportunidade de traballar en diferentes lugares do mundo xa que os postos a día de hoxe de funcionariado son “dinámicos”.

“Necesítanse persoas novas con outros puntos de vista e formas de traballar. Novos intereses, destrezas e aptitudes. Unha administración pública máis moderna”, engadiu.

A segunda mesa deste martes enmarcouse baixo o epígrafe de ‘Ponte en marcha’, na que participou, entre outros, Pelayo Novoa de BDO. A terceira mesa do día titulouse ‘Quen xestiona o noso talento?’ e foi moderada por Olalla Mera de Adecco.

ÚLTIMAS

Vigo acollerá o Congreso Internacional de Enxeñaría Naval en 2027

A 66ª edición do Congreso Internacional de Enxeñaría Naval celebrarase en Vigo en 2027,...

Deteñen un mozo de 22 anos con catro ordes de procura

A Policía Local de Vigo detivo este pasado xoves a un mozo, de 22...

O BNG chama a manifestarse o 30 de maio en Vigo ante a presenza dos reis polo desfile das forzas armadas

O BNG presentou este venres na súa sede comarcal de Ferrol a campaña 'Na...

A EFCA incrementa preto dun 5% as súas inspeccións en 2025, con 5.000 infraccións

A Axencia Europea de Control da Pesca (EFCA, polas súas siglas en inglés), con...