InicioSociedadeO albergue municipal de Vigo atendeu 854 persoas en 2021

O albergue municipal de Vigo atendeu 854 persoas en 2021

O servizo de comedor repartiu case 20.000 menús.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O albergue municipal de Vigo, situado en Marqués de Valterra, atendeu durante o pasado 2021 a 854 persoas, e o servizo de comedor repartiu case 20.000 menús, segundo o balance feito público este martes polo alcalde, Abel Caballero.

O rexedor explicou que algo máis de 200 persoas pasaron algunha noite no albergue, mentres que 242 foron derivadas a hostais e aloxamentos externos. A unidade de hixiene do centro foi utilizada o ano pasado por 336 persoas, mentres que outras 347 utilizaron o servizo de lavandaría.

Segundo apuntou Caballero, o albergue municipal conta tamén con servizos sociais e de inserción, de maneira que os usuarios que o desexan son valorados por un equipo de psicóloga, traballadora social e educadora social.

A partir desa valoración, deséñase un proxecto personalizado de inserción e asígnase ás persoas un titor de referencia. Dos proxectos iniciados, recalcou Caballero, concluíronse un 67 %, mentres que 52 persoas participaron nos talleres organizados no albergue.

Finalmente, engadiu o alcalde, o equipo de rúa do centro atendeu o ano pasado a 257 persoas (un 25 % máis que o ano anterior).

ÚLTIMAS

Falece un home de 56 anos ao caerlle encima unha árbore nunha leira de Soutomaior

Un home de 56 anos e veciño de Redondela faleceu na mañá deste sábado...

GKN Vigo e o comité pactan retirar o ERE a cambio de ampliar a flexibilidade da xornada

GKN Driveline Vigo e o comité de empresa alcanzaron un preacordo para a retirada...

O BNG esixe retirar o Plan de Igualdade de Vigo por falta de consenso e un atraso de 14 anos

O grupo municipal do BNG en Vigo pediu a retirada da proposta do V...

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...