InicioVigo e contornaVigoDetido en Vigo por roubar combustible de vehículos estacionados na rúa

Detido en Vigo por roubar combustible de vehículos estacionados na rúa

Os veciños alertaron doutro home que non foi apresado.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un home, I.D.F. de Vigo e 39 anos de idade, foi detido na cidade tras ser interceptado mentres trataba de roubar combustible de vehículos estacionados na rúa Doutor Canoa. Segundo informou a Policía Local, os feitos ocorreron o pasado sábado sobre as 16,45 horas, cando un veciño alertou de que observara como dous homes estaban a forzar os tapóns do depósito de combustible de dous vehículos na devandita rúa.

Unha vez no lugar, os axentes localizaron a un individuo que coincidía coa descrición na rúa José María Acuña, observando que ao decatarse da presenza policial tirou un obxecto ao chan, resultando ser un desaparafusador de grandes dimensións. Outra unidade desprazouse a inspeccionar os vehículos que supostamente foran manipulados, observando que o depósito de combustible estaba aberto e con síntomas de forzamiento.

Ademais, nas proximidades localizouse o turismo do agora detido, en cuxo interior había unha garrafa disposta. Por eses motivos, procedeuse á detención do home pola suposta comisión dun delito de roubo en grao de tentativa.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...