InicioVigo e contornaVigoAbel Caballero insiste en defender o papel "clave" de Vigo na "descentralización"...

Abel Caballero insiste en defender o papel “clave” de Vigo na “descentralización” do IEO

"Xa estou en contacto no Ministerio e exactamente igual que defendín esta cidade ante outras institucións, agora defendereina diante do Goberno de España, con todas as consecuencias", apuntou o rexedor olívico.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, asegurou que defenderá ante o Goberno “con uñas e dentes” que Vigo xogue un papel “clave” na “descentralización” do Instituto Español de Oceanografía (IEO), polo que afirmou que está “en contacto” co Ministerio de Ciencia para transmitirlle a súa “reclamación”.

Na súa rolda de prensa diaria, o rexedor explicou que a cidade presenta unha “enorme capacidade de investigación no seu Oceanográfico” xa que Vigo é “a cidade da pesca e do mar” xa non só de España senón “do mundo”.

A este respecto, a urbe dispón de “niveis importantísimos de investigación no ámbito marítimo e oceanográfico” e unha frota de tres mil barcos. Por iso, Caballero mostrouse convencido de que Vigo debe desempeñar un rol “determinante” no futuro do IEO, “xogando un papel crave no ámbito da descentralización, porque reúne todas as características”.

“Xa estou en contacto no Ministerio e exactamente igual que defendín esta cidade ante outras institucións, agora defendereina diante do Goberno de España, con todas as consecuencias”, advertiu.

Todo iso días despois de que a Xunta reprobase os plans do Goberno central de trasladar a sede do Instituto Oceanográfico a dúas Comunidades, entre as que non está Galicia. A Consellería do Mar lamentou este fin de semana os “bandazos” dados polo Executivo de Pedro Sánchez na descentralización do IEO.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...