InicioSucesosDenuncian un repartidor de butano en Vigo por circular dous días seguidos...

Denuncian un repartidor de butano en Vigo por circular dous días seguidos baixo efectos da cocaína

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención produciuse este domingo ao mediodía, cando unha unidade SINTRA deu o alto ao condutor dun camión de repartición de butano na Avenida Alcalde Lavadores.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Axentes da Policía Local de Vigo denunciaron a un condutor, repartidor de bombonas de butano, que foi interceptado dous días seguidos circulando baixo os efectos da cocaína.

Segundo informaron fontes policiais, a primeira intervención produciuse este domingo ao mediodía, cando unha unidade SINTRA deu o alto ao condutor dun camión de repartición de butano na Avenida Alcalde Lavadores.

Tratábase dun veciño de Vigo, V.M.C., de 48 anos de idade, que foi sometido a unha proba de detección de drogas. O test indiciario deu un resultado positivo para cocaína, polo que o home foi denunciado e o vehículo inmobilizado e trasladado a dependencias municipais.

A Policía Local volveu interceptar ao mesmo condutor, este luns pola mañá, circulando pola Praza Xoán XXIII. De novo foi sometido ao test de drogas que, por segunda vez, deu resultado positivo para cocaína.

O camión foi de novo inmobilizado, aínda que se presentou no lugar un condutor alternativo que puido facerse cargo do vehículo e continuar a repartición do butano.

ÚLTIMAS

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...

Grandes colas na entrada e saída de Vigo tras varios accidentes

Varios accidentes de tráfico á primeira hora da mañá na AP-9V en sentido saída...

Sanidade inspecciona o servizo de Dermatoloxía de Povisa tras as denuncias por falta de especialistas

A Consellería de Sanidade realizou unha visita de inspección ao servizo de Dermatoloxía do...