InicioSociedadeFin da folga en Elecnor tras chegar a un acordo para garantir...

Fin da folga en Elecnor tras chegar a un acordo para garantir o emprego

"Coa loita do conxunto dos traballadores lograron que Elecnor recoloque a catro persoas a maiores dos técnicos de residencial que serán subrogados", reivindicou CC.OO.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A división de Industria de Comisións Obreiras informou de que quedou desconvocada a folga de traballadores da compañía Elecnor, situada en Mos e que presta servizo para R, despois de chegar a un acordo que garante o mantemento do emprego.

Tras máis de dúas semanas de folga, os traballadores de Elecnor acordaron en asemblea e de forma maioritaria desconvocar a folga indefinida, segundo indicou CC.OO. nun comunicado. Unha folga coa que o conxunto do persoal logrou que a nova adxudicataria do servizo, a valenciana Obremo, se comprometa a subrogar á maioría dos traballadores.

“Grazas á loita do conxunto dos traballadores, lograron que Elecnor recoloque a catro traballadores a maiores dos técnicos de residencial que serán subrogados”, reivindicou a organización sindical. Desde CC.OO. manifestaron a súa desconformidade coa política de externalización e subcontratación de Obremo, “que leva á destrución do emprego polo traslado de determinadas funcións e postos de traballo a outras zonas de España”.

ÚLTIMAS

A acampada pola vivenda de Vigo retirará as tendas a partir do 15 de novembro

A Acampada pola vivenda de Vigo, asentada desde o 12 de outubro na Alameda,...

O lume de Camos, entre as queimas autorizadas e o conflito dos bombeiros forestais

O incendio forestal declarado o xoves na parroquia de Camos, en Nigrán, comezou cunha...

Abel Caballero inaugura a conta atrás ata o 25 de decembro: “O Nadal de todo o planeta é a de Vigo”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, inaugurou este sábado un reloxo dixital cunha conta...

“Menos luces e máis vivendas”: máis de 200 persoas saen á rúa en Vigo contra os prezos da vivenda

Máis de 200 persoas saíron este venres ás rúas de Vigo para reclamar o...