InicioEconomíaO congreso esLibre celebrarase o mes de xuño en Vigo, un dos...

O congreso esLibre celebrarase o mes de xuño en Vigo, un dos maiores eventos sobre tecnoloxías e cultura libre

O evento desenvolverase en formato presencial, pero tamén estará dispoñible en liña para as persoas que non poidan asistir a Vigo nesas datas.

PUBLICADO O

O congreso esLibre celebrará a súa edición de 2022 en Vigo entre os días 24 e 25 de xuño, convertendo á cidade na sede duns dos eventos sobre tecnoloxías e cultura libre de maior relevancia a nivel estatal e internacional.

Así o destacaron as súas organizacións nun comunicado, onde indicaron que será o Museo Marco e o espazo de eventos Muta os encargados de acoller este ano esLibre, que contará co Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra e a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre como entidades anfitrioas e que colaboran na organización co equipo de coordinación a nivel estatal.

O evento desenvolverase en formato presencial, pero tamén estará dispoñible en liña para as persoas que non poidan asistir a Vigo nesas datas.

“esLibre é un encontro de persoas interesadas nas tecnoloxías libre e a cultura libre, enfocado en compartir coñecemento e experiencias neste ámbito. O software libre será a temática central do evento, que se poderá abordar tanto a través de actividades técnicas como doutras cun nivel máis divulgativo”, explicaron desde a organización.

Charlas, talleres, exposicións ou demostracións son algunhas das actividades que levarán a cabo en esLibre, ademais de que as persoas interesadas poden participar con artigos, proxectos ou formatos alternativos.

Entre as novidades desta edición, esLibre axuda no financiamento dos gastos de viaxe para algúns colectivos que queiran participar no congreso. Entre os potencialmente beneficiarios están os colectivos de xénero como mulleres, persoas trans e minorías de xénero infrarrepresentadas en esLibre, así como persoas con discapacidade.

ÚLTIMAS

Asistidas un pai e a súa filla en Vigo tras producirse un incendio na súa vivenda

Dúas persoas, un pai e unha filla, necesitaron asistencia en Vigo este xoves tras producirse...

Emilio Sotelino ou a Asociación de Viúvas Demócratas entre os Vigueses Distinguidos 2024

O pleno de Vigo aprobou este luns por unanimidade nunha sesión extraordinaria os novos Vigueses...

O goberno de Vigo aproba o marco orzamentario ata 2027 e prevé investimentos por valor de 33 millóns cada ano

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou que o goberno local aprobou o marco...

Pechados parques e espazos arbóreos da cidade de Vigo debido ao temporal

O Concello de Vigo restrinxiu por seguridade o acceso aos parques e espazos arbóreos...