InicioSociedadeO foro de emprego Fundamental acollerá conferencias de Toni Nadal e os...

O foro de emprego Fundamental acollerá conferencias de Toni Nadal e os chef Javier Oleiros e Lucía Freitas en Vigo

Segundo destacou o alcalde, Abel Caballero, son xornadas de "máxima importancia" pola "gran experiencia" dos organizadores no mundo da formación e da empresa.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Vigo acollerá conferencias de Toni Nadal e os chef Javier Oleiros e Lucía Freitas no foro de emprego Fundamental, que se celebrará no auditorio Mar de Vigo entre os días 19 e 21 de abril e que está organizado pola Fundación Mentor, coa colaboración do grupo Profand, Vidiv, Zendal e Concello.

Así o sinalaron este luns os seus organizadores na rolda de prensa de presentación oficial do evento, unha cita que busca impulsar o talento das novas xeracións, desde os universitarios ata os estudantes de FP e oficios.

Segundo destacou o alcalde, Abel Caballero, son xornadas de “máxima importancia” pola “gran experiencia” dos organizadores no mundo da formación e da empresa.

Mediapro, Mad Lions, Vogue Business, Aston Martin Fórmula 1, o adestrador de tenis Toni Nadal ou os chef Javier Oleiros e Lucía Freitas son algúns dos relatores que trasladarán aos asistentes os seus coñecementos, experiencias e visión nas distintas conferencias.

ÚLTIMAS

Uruguai rescinde o contrato con Cardama por “incumprimentos graves” e anuncia accións xudiciais

O presidente de Uruguai, Yamandú Orsi, anunciou que o seu Goberno rescindiu o contrato...

Concello e Zona Franca blindan o futuro de Balaídos coa prórroga da bancada de Río ata 2080

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e o delegado de Zona Franca, David Regades,...

Collen a un neno de 13 anos conducindo o coche da súa nai en pleno centro de Vigo

Axentes da Policía Local interceptaron o pasado mércores pola tarde a un menor de...

O Heraldo do Desconcerto: A Pinta en Baiona

O horizonte de Baiona, aquel 1 de marzo de 1493, non agardaba milagres. O...