InicioSociedadeVigo suma outras dez persoas hospitalizadas e baixa os seus casos activos

Vigo suma outras dez persoas hospitalizadas e baixa os seus casos activos

Hai 91 pacientes ingresados con covid, un deles na UCI.

PUBLICADO O

- Advertisement -

As persoas ingresadas pola Covid-19 volven superar o medio milleiro no conxunto de Galicia, con 548, que supoñen 73 máis que o sábado –o Sergas non actualiza os datos nin domingos nin festivos–; mentres que os casos activos descenden a 11.506 –implican 436 menos–, mentres que comeza esta semana Santa con 698 novos casos abertos nas últimas 24 horas. Pola súa banda, a taxa de positividade descende a un 21,5% e Galicia suma outros 11 falecementos por esta pandemia.

Segundo os datos actualizados este luns pola Consellería de Sanidade, con rexistros ata as 18,00 horas do domingo, recollidos por Europa Press, aínda que descenden a 14 as persoas hospitalizadas en UCI pola Covid-19 en Galicia –catro menos–, aumentan a 548 as ingresadas en unidades convencionais –77 máis–, mentres que 10.944 permanecen en seguimento no seu domicilio. Hai unha semana –o luns 4 de abril– había 530 persoas hospitalizadas, 17 deles en críticos.

Por áreas sanitarias, a presión hospitalaria aumenta nas sete. Concretamente na área de Vigo queda un paciente Covid en UCI –un menos– e hai 90 noutras unidades de hospitalización –dez máis–.

BAIXAN OS CASOS ACTIVOS

Os casos activos recuperan a tendencia descendente e sitúanse en 11.506, que implican 436 menos que o sábado, ao haber máis altas (2.048) que contaxios (1.623), ao que se engaden 11 falecidos. Deste xeito, no inicio desta semana retoman as infeccións activas a tendencia descendente desde a entrada en vigor o pasado 28 de marzo de novo protocolo de vixilancia da Covid-19 polo que xa non se contabilizan os autotest e non se fan illamentos salvo excepcións. O luns anterior– 4 de abril– había 13.878 casos activos.

As infeccións activas descenden de maneira xeneralizada nas sete áreas, coa da Coruña e Cee á cabeza (-136), seguida da de Vigo (-81), Lugo (-70), Ourense (-66), Ferrol (-61), Pontevedra e O Salnés (-20) e Santiago e Barbanza (-1). Así, con máis infeccións activas mantense a área da Coruña e Cee, con 2.214; seguida da de Vigo, con 2.175; Santiago e Barbanza, con 1.751; Lugo, con 1.616; Ourense, con 1.425; Pontevedra e O Salnés, con 1.260; e á cola continúa a de Ferrol, con 1.052.

Segundo o último informe actualizado polo Ministerio de Sanidade este pasado venres, 8 de abril, adaptado ao novo sistema de vixilancia da Covid-19 centrado en poboación vulnerable, a incidencia acumulada a 14 días en Galicia en maiores de 60 anos sitúase en 775,53 casos por 100.000 habitantes, mentres que a media estatal se reduce a 420,17.

ÚLTIMAS

Caballero repite que a cidade está fóra do Mundial por Louzán: “É antiVigo desde que o botamos da Deputación”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, volveu a arremeter este venres contra Rafael Louzán, presidente...

Atascos na A-55 en ambos os sentidos á altura de Mos ao rexistrarse dous accidentes sen feridos

A A-55 volveu a rexistrar longos atascos na mañá deste venres en ambos os...

Desacordos “estratéxicos” fixeron que Tavares saíse de maneira “amigable” de Stellantis

O exconselleiro delegado de Stellantis, Carlos Tavares, volveu a falar tras a súa saída...

Detida unha muller en Vigo por non pagar un desprazamento en taxi e que tiña pendente unha orde de arresto

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a unha muller de 45 anos de...