InicioSociedadeA Deputación de Pontevedra prepara en Vigo actividades polo Día do Libro...

A Deputación de Pontevedra prepara en Vigo actividades polo Día do Libro e o Día da Danza

A sede viguesa instalou unha pantalla para dar a coñecer a programación social e cultural que ofrece.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A sede viguesa da Deputación de Pontevedra instalou unha pantalla na súa entrada principal, visible tamén desde o exterior do edificio, para que as persoas visitantes poidan coñecer as actividades que se realizarán nos próximos meses.

Tal como indicou dita administración pública nun comunicado, a intención é achegar á cidadanía a programación social e cultural que ofrece a Deputación, que se irá actualizando con vídeos das distintas exposicións e demais actos que acollerá en datas próximas.

Por exemplo, no mes de abril a programación da Deputación de Pontevedra incluirá citas “moi destacadas” como as que terán lugar os días 23 e 29 con motivo do Día do Libro e do Día Mundial da Danza.

No primeiro caso, a xornada celebrarase coa presentación do libro que reúne unha selección dos traballos do alumnado da segunda edición da Escola de Letras ás 12,00 horas, mentres que no Día da Danza se combinará baile galego e tango coa actividade ‘Galicia-Arxentina: Un baile de ida e volta’.

Ademais, ata o día 15 permanece aberta a instalación artística ‘As Tolas’, froito da participación de mulleres de distintos países na elaboración conxunta dunha manta, entre outras actividades.

ÚLTIMAS

Centos de médicos reclaman en Vigo un estatuto propio: “Non queremos atendervos mal nin con pouco tempo”

Centenares de médicos saíron á rúa este xoves en Vigo para pedir un estatuto...

Ultimato de Caballero á Deputación para a firma do convenio para a piscina de Teis: “Xa non fago paripés”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, expuxo este xoves un ultimato á Deputación de...

‘Gargallada Científica’, científicos da UVigo con alma de divulgadores e corazón de contacontos

Empregar o humor sen renunciar ao rigor, e facelo en galego. Esta é a...

Pontón esixe á Xunta mercar Povisa: “Na sanidade privada non ven pacientes, ven clientes”

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, urxiu unha vez máis a compra do...