InicioSucesosNoite dramática no Marisquiño: máis de 130 feridos, 4 deles graves

Noite dramática no Marisquiño: máis de 130 feridos, 4 deles graves

O accidente aconteceu ás 23.58 horas, antes do concerto do rapeiro Rels B. A portavoz do PP de Vigo xa avisara a pasada semana do mal estado do Paseo das Avenidas: "Esperemos por el bien de todos que no pase nada durante O Marisquiño", alertaba.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A caída dunha plataforma de madeira durante un concerto do Marisquiño provocou máis de 130 feridos, catro deles graves, esta pasada medianoite, segundo as últimas informacións. Ademais, outras catro persoas aínda non foran localizadas polas súas familias, nin polos servizos de emerxencias.

O accidente aconteceu ás 23.58 horas, antes do concerto do rapeiro Rels B., e suspendéronse todas as actuacións restantes. Un gran número de ambulancias aproximáronse á zona para atender os feridos.

 

O primeiro en avisar dos feitos, por Twitter, foi Jacobo Pérez, que advertiu ás 00.06 horas do afundimento do peirao do Porto de Vigo, así como da chegada dos servizos de emerxencia e do alcalde ao lugar.

A partir de aí, unha avalancha de informacións, algunhas confusas e varios “bulos” relacionados coa catástrofe, alertando de dous ou seis falecidos, algo desmentido pola Policía Nacional. Pouco a pouco, os feridos foron trasladados a Povisa, Fátima, Concheiro, PAC (Punto de Atención Continuada) ou o Cunqueiro, dependendo das lesións.

Tamén se desprazou ate alí o alcalde de Vigo, Abel Caballero, quen falou aos medios de comunicación e afirmou que os servizos de emerxencia traballarían toda a noite nas pescudas, ata que aparezan todos os desaparecidos.

O alcalde confirmou que a posibilidade de que alguén quedase atrapado no derrubamento é case inexistente. Si falou de máis de 130 feridos, “a inmensa maioría leves”, e 4 graves.

 

Pola súa banda, o 112 desprazou 6 ambulancias de soporte vital avanzado, 10 ambulancias de soporte vital básico e 25 de apoio. Tamén había zodias no mar, avanzando na procura de feridos. A zona foi explorada dúas veces polos bombeiros con cámaras térmicas.

A portavoz do PP de Vigo, Elena Muñoz, xa avisara a pasada semana do mal estado do Paseo das Avenidas. Estas “madeiras rotas e puntas ao aire” ás que se refire levaban meses en mal estado.

ÚLTIMAS

Así será a Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo: 11 carrozas e moita fantasía

A Cabalgata dos Reis Meigos de Vigo sairá o luns sobre as 18.00 horas...

Vigo repartiu en 2025 máis de 3.500 axudas de emerxencia para atender a 8.870 persoas

O Concello de Vigo outorgou no ano 2025 un total de 3.548 axudas de...

O PP vigués acusa a Caballero de dar un “golpe fiscal” tras pechar 2025 con 200 millóns de remanentes

O grupo municipal do PP en Vigo denunciou o "machadazo fiscal" que levará a...

Vigo apagará as luces de Nadal o 11 de xaneiro e celebra os datos de ocupación

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, confirmou este venres que o acto de apagado...