InicioSucesosPillan en Vigo un condutor que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

Pillan en Vigo un condutor que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

Circulaba pola rúa García Barbón esta madrugada.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Local de Vigo interceptou na madrugada deste venres un home que quintuplicaba a taxa de alcol permitida mentres circulaba pola rúa García Barbón.

Tal como informaron os axentes, os feitos tiveron lugar pasadas as 04,50 horas, cando unha unidade que se atopaba realizando labores de control do tráfico na rúa Areal se decatou da presenza dun vehículo que circulaba de forma “errática”, polo que comezaron a perseguilo.

Cando o home foi consciente da presenza policial, tratou de introducirse nun garaxe privado na rúa García Barbón, sendo interceptado polos axentes.

Resultou ser D.E.P.V., de Vigo e 32 anos de idade, que mostraba “claros signos” de atoparse baixo os efectos do alcol, e deu un resultado positivo nas probas de 1,24 e 1,30 miligramos de litro por aire expirado. Así, instruíronse dilixencias por un delito contra a seguridade viaria, sendo inmobilizado o automóbil.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...