InicioSucesosLocalizan no centro de Vigo o cadáver dun home desaparecido hai días

Localizan no centro de Vigo o cadáver dun home desaparecido hai días

Trátase dun veciño de Zaragoza. Non presenta signos aparentes de violencia.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Policía Nacional da Comisaría de Vigo confirmou este mércores a aparición dun cadáver na Praza de Compostela, en pleno centro da cidade olívica, e que foi identificado como un veciño de Zaragoza, desaparecido o pasado 1 de abril.

Trátase de Rafael Otero Núñez, un home de 53 anos de idade, de pelo e ollos castaños e uns 170 cm de estatura, que foi visto por última vez en Zaragoza, e de cuxa ausencia alertou a asociación SOS Desaparecidos. Segundo fontes policiais, o corpo foi atopado á primeira hora da tarde deste mércores na Praza de Compostela, e non presentaba signos aparentes de violencia.

ÚLTIMAS

O BNG de Vigo esixe un “cambio radical” no bus urbano ante a perda de 1,3 millóns de viaxeiros

O BNG de Vigo esixiu un "cambio radical" no modelo de transporte urbano da...

Retroceder as praias ou recuar a Administración

O que está a acontecer este inverno na costa da ría de Vigo non...

Un estafador reincidente enfróntase a seis anos de cárcere por falsos alugueres en Vigo

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebrou este...

GKN Driveline Vigo rebaixa a 50 os afectados polo ERE, pero a CIG convoca unha folga de sete días

A auxiliar de automoción GKN Driveline Vigo reduciu de 75 a 50 o número...