InicioSociedadeA Escola de Empresariais de Vigo volve ser Facultade de Comercio 50...

A Escola de Empresariais de Vigo volve ser Facultade de Comercio 50 anos despois

A centenaria institución académica volve ás súas raíces.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A nova Facultade de Comercio de Vigo (antes Escola de Estudos Empresariais) viviu este martes a súa posta de longo e presentouse en sociedade nun acto con presenza do reitor da Universidade, Manuel Reigosa, e do alcalde da cidade, Abel Caballero.

Deste xeito, a centenaria institución académica volve ás súas raíces e, 50 anos de despois, volve ter na súa denominación a palabra Comercio, o que a devolve ás súas orixes, nos anos 20 do século pasado, cando naceu como Escola Pericial de Comercio.

O salón de actos do centro acolleu a presentación da nova Facultade, tras a publicación no Diario Oficial de Galicia do pasado 11 de marzo, do decreto polo que se modificou o seu nome. No acto, varias persoas vinculadas co centro desde hai décadas repasaron a súa historia, marcada sempre pola loita para ser recoñecida.

A directora do centro, e pronto decana, Consuelo Currás, celebrou este novo fito na historia dunhas instalacións que están na orixe da vida empresarial e da propia universidade da cidade. Así mesmo, prometeu “seguir traballando” para que a agora Facultade de Comercio da UVigo siga sendo “recoñecida” e oferte unha formación de calidade.

Entre os proxectos en marcha destacou a formación do Grao, os intercambios internacionais de dobre grao, a formación permanente ou a investigación, e subliñou tamén o compromiso do centro co impulso da igualdade de xénero na sociedade e no ámbito empresarial.

O reitor, Manuel Reigosa, destacou precisamente o “espírito de loita” do centro, e apuntou que esta Escola, xunto á Escola de Enxeñaría Industrial, “formaron as vimbias do que hoxe é a Universidade de Vigo”. Ademais, púxoa como exemplo do que debe ser a institución académica, “unha Universidade comprometida coa contorna, que espera devolverlle á sociedade todo o que a sociedade nos dá”.

O rexedor, Abel Caballero, felicitou a toda a comunidade desta Facultade de Comercio, que é “o corazón da cidade”. Segundo lembrou, desde o nacemento desta escola, en 1920, formáronse nela centos de persoas que, “desde o seu coñecemento e profesionalidade, trazaron parte da economía de Vigo”. “Sen esta facultade, Vigo non sería a historia de éxito que é”, proclamou.

ÚLTIMAS

Caballero, contra as peaxes na A-52 e A-55: “As construtoras que se dediquen a contruír”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, arremeteu este venres contra a proposta da patronal...

Abel Caballero tacha de “bobada” a proposta do PP para o centro de asociacións

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, negou este venres que poña problemas á Xunta...

A praia a Calzoa, a difícil convivencia entre liberdade canina e respecto pola natureza

Celebridades como o exfutbolista Vlado Gudelj e o músico Abraham Cupeiro participan na campaña...

Detido un home en Vigo por saltar unha orde de afastamento dunha muller coa que foi sorprendido discutindo na rúa

Axentes da Policía Local de Vigo detiveron a un home de 44 anos de...