InicioSociedadeO BNG de Vigo denuncia que os servizos sociais están "ao límite...

O BNG de Vigo denuncia que os servizos sociais están “ao límite do colapso”

Xabier Pérez Igrexas asegura que "asumen case 5 veces máis poboación da recomendada" e urxiu unha resposta "enérxica" do goberno local.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O BNG de Vigo esixiu ao goberno municipal que reforce o persoal dos servizos sociais municipais, que están “ao límite do colapso”, tras constatar que a cidadanía ten que esperar “3, 4 semanas ou mesmo un mes” para ter unha cita cos traballadores sociais, nunha situación de “agravamento da emerxencia social, agudizada por unha inflacción disparada”.

Así o manifestou, en declaracións remitidas aos medios, o concelleiro nacionalista, Xabier Pérez Igrexas, que lembrou que na cidade hai máis de 60.000 veciños en risco de exclusión e uns 20.000 persoas desempregadas. “É inadmisible que unha cita cos traballadores sociais tarde de 3 semanas a un mes, para iniciar unha primeira xestión, e para abordar situacións críticas”, sinalou.

Pérez Igrexas sinalou que o persoal dos servizos sociais municipais “asumen case 5 veces máis poboación da recomendada polos cocientes oficiais” e urxiu unha resposta “enérxica” do goberno local, encabezado por Abel Caballero.

Respecto diso, o edil do BNG apuntou que “nunca a cidade tivo tantos medios económicos”, tras un 2021 no que quedaron 121 millóns de euros sen executar e cuns remanentes de 70 millóns. “Hai que poñer eses recursos para atender esta situación, e para evitar que a agudización da crise se traduza nun novo saqueo contra a maioría social”, proclamou.

ÚLTIMAS

A Xunta asina coa Mancomunidade de Montes de Vigo un programa de formación para recuperar terreos queimados

O Consello da Xunta aprobou este luns o primeiro dunha serie de convenios no...

A CIG chama a “desbordar” as rúas de Vigo o Primeiro de Maio contra a precariedade e a escalada belicista

O secretario comarcal da CIG en Vigo, Alberto Gonçalves, e a integrante da executiva...

Investigado un menor de 16 anos, sorprendido ao volante dun turismo en Redondela

Axentes da Policía Local de Redondela identificaron e denunciaron un mozo menor de 16...

A Garda Civil sitúa en Cataluña a cúpula da trama de narcolanchas que operaba dende Vigo

Os 11 acusados pola súa implicación na construción e traslado de narcolanchas dende Vigo...