InicioEconomíaA UVigo, única universidade europea que participa nas probas de demostración da...

A UVigo, única universidade europea que participa nas probas de demostración da principal plataforma de e-saúde

Tras presentarse 114 propostas de 23 países, só foron seleccionadas 11, dez empresas e unha universidade, a de Vigo.

PUBLICADO O

- Advertisement -

A Universidade de Vigo (UVigo) será a única universidade europea que participará nas probas de demostración da principal plataforma europea de e-saúde. Tras presentarse 114 propostas de 23 países, só foron seleccionadas 11, dez empresas e unha universidade, a de Vigo, converténdose na única institución educativa europea das 20 presentadas seleccionada para participar nas probas de demostración da tecnoloxía desenvolvida por Gatekeeper, un dos grandes consorcios internaciones sobre e-saúde financiado pola Comisión Europea con 21,3 millóns de euros.

Segundo recolle o Diario da Universidade de Vigo (DUVI), isto logrouse grazas ao traballo desenvolvido polo grupo de Enxeñaría de Sistemas Telemáticos do centro de investigación atlanTTic, autores de Panoramix, unha aplicación “moi madura e validada” que axuda a detectar a deterioración cognitiva en persoas maiores.

Gatekeeper lanzou a convocatoria para a integración de solucións externas a comezos de 2021, polo que desde o verán attlanTTIC está a traballar para preparar esta aplicación para transferir os datos que xera a ferramentas externas, neste caso desenvolvidas por Gatekeeper.

Esta iniciativa ten como obxectivo conectar todos os actores da contorna sanitaria a través dunha plataforma aberta, que permita aproveitar todo o potencial das novas tecnoloxías para mellorar os servizos sanitarios que se ofrecen a unha poboación cada vez máis envellecida.

“Estamos moi contentos porque foi un proceso moi competitivo no que se aceptaron menos do 10% das propostas. Para nós foi un reto especialmente complicado porque competimos, sobre todo, con grandes empresas biotecnolóxicas, con produtos en moitos casos consolidados no mercado e cunha infraestrutura e recursos moito maiores que os nosos”, reivindicou o catedrático da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación Luís Anido.

ÚLTIMAS

Vigo aproba a taxa turística: custará entre 0,80 e 2 euros por noite segundo o aloxamento

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o proxecto...

En liberdade provisional os tres detidos na operación antidroga de Vigo

O tribunal de instancia de Vigo, sección de Instrución, praza 4, decretou a posta...

Vigo reforza o servizo de extinción de incendios coa incorporación de 30 novos bombeiros

A Xunta de Goberno Local do Concello de Vigo aprobou este venres o nomeamento...

Belén Rubio coloca o campus de Pontevedra no centro do seu proxecto para liderar a UVigo

A candidata á reitoría da Universidade de Vigo pola agrupación H2040, Belén Rubio, situou...