InicioSociedadeVithas Vigo detecta un 5,2% de casos sospeitosos de cancro colorrectal tras...

Vithas Vigo detecta un 5,2% de casos sospeitosos de cancro colorrectal tras un cribado gratuíto no hospital

É o tipo de cancro máis diagnosticado en España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Un de cada cinco participantes na campaña de detección do cancro colorrectal necesitaría unha revisión ou estudos complementarios, ben porque o test de sangue oculto en feces resultou positivo; ou porque tiñan algún tipo de antecedente ou síntoma que supoñen un maior risco de padecer o cancro colorrectal que a poboación xeral.

Esta campaña, totalmente gratuíta para o usuario, desenvolveuse o pasado mes de febreiro, coincidindo co Día Mundial do Cancro.

O Hospital Vithas Vigo realizou entón unha campaña de detección e prevención do cancro colorrectal, o máis diagnosticado en España, na que calquera interesado puido entregar a súa mostra de feces e cubrir unha breve enquisa, sobre antecedentes e síntomas sospeitosos.

Segundo informa Vithas, cos resultados da analítica e as respostas da enquisa, o doutor Alberto Parajó Calvo, especialista en Coloproctoloxía do Hospital Vithas Vigo, realizou un informe personalizado no que incluíu algún tipo de suxestión aos participantes.

Así, un 5,2 por cento do total de participantes tiña presenza de sangue oculto en feces. A metade deles tiñan unha presenza débil e a outra metade unha presenza clara. A todos eles recomendóuselles un estudo máis detallado para descartar que a sangue se deba a outras causas, ou para abordar, con moita brevidade, un posible tratamento.

Por outra banda, a outro 17,2 por cento dos participantes, aconsellóuselle unha revisión máis profunda dado que, a pesar de non atoparse sangue oculto en feces, os seus antecedentes familiares, ou médicos, ou os seus síntomas revelan unha hipotética probabilidade de padecer algún problema colorrectal.

Do mesmo xeito, un 28,1 por cento ten algún tipo de antecedente ou síntoma que recomendan que continue facendo controis periódicos, mesmo con máis frecuencia da prevista.

Por último, un 49,4 por cento presenta unha boa saúde colorrectal, sen que exista sangue oculto en feces, antecedentes familiares nin síntomas que suxiran un maior risco que a poboación xeral.

En calquera caso, o doutor Parajó, consciente da importancia da prevención, inclúe a suxestión de participar, periodicamente, en campañas de prevención como a desenvolvida o mes pasado polo Hospital Vithas Vigo.

ÚLTIMAS

Xulgan en Vigo un home acusado de abusos sexuais continuados a unha menor

A sección quinta da Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, acollerá este...

Un ano de prisión por apropiarse de equipos dunha emisora para revender en tendas de segunda man

A Audiencia Provincial de Pontevedra, con sede en Vigo, celebra este mércores 28 de...

O xulgado solicita á Policía Local información e documentos sobre o ‘Saltamontes’ no que morreu un mozo en 2024

O xulgado de instrución 3 de Vigo, que investiga o accidente sucedido en agosto do...

Alento celebra o seu 25 aniversario elaborando “a tortilla máis grande da historia de Vigo”

A Asociación de Dano Cerebral Alento celebrará este sábado, 25 de maio, o seu 25 aniversario cunha festa...