InicioSucesosDetida unha veciña de Nigrán por venda de cocaína

Detida unha veciña de Nigrán por venda de cocaína

Durante o rexistro da súa vivenda, foron intervidos outro seis gramos de cocaína, cinco teléfonos móbiles, o vehículo que empregaba para os seus desprazamentos e 550 euros en efectivos, ademais dunha báscula de precisión.

PUBLICADO O

- Advertisement -

Unha veciña de Nigrán de 38 anos foi detida por dedicarse polo miúdo de cocaína na zona de Vigo, por onde se movía en coche para realizar os intercambios con clientes cos que quedaba por teléfono.

As investigacións iniciadas o pasado mes de decembro por axentes da Garda Civil de Baiona-Nigrán tras varias alertas telefónicas culminaron co arresto a semana pasada desta muller, acusada dun delito contra a saúde pública.

Tras meses de seguimento, no que os axentes comprobaron que levaba un nivel de vida por encima das súas aparentes posibilidades económicas, esta veciña dunha parroquia de Nigrán foi identificada mentres realizaba unha decena de transaccións.

Movíase polos municipios de Nigrán, Vigo e Baiona, onde quedaba cos clientes para levarlles no seu vehículo a cocaína. No momento do arresto fixo entrega aos axentes dunha bolsa que contiña 20 gramos de cocaína e que levaba escondida na súa roupa interior.

Durante o rexistro da súa vivenda, foron intervidos outro seis gramos de cocaína, cinco teléfonos móbiles, o vehículo que empregaba para os seus desprazamentos e 550 euros en efectivos, ademais dunha báscula de precisión. A arrestada foi posta en liberdade tras quedar a disposición do xulgado de instrución número 8 de Vigo.

ÚLTIMAS

Navia terá os primeiros 84 novos pisos públicos a comezos de 2027

A Xunta de Galicia prevé ter rematadas as primeiras 84 vivendas da nova Navia...

Veciños do centro de Vigo piden trasladar a acampada pola vivenda para protexer a Alameda

Veciños do centro de Vigo defenderon este mércores a necesidade de primar a protección...

Xunta insiste en que Vigo terá abastecemento de agua ata final de ano

A Xunta de Galicia quixo enviar unha mensaxe de "tranquilidade" á veciñanza de Vigo...

O Nadal de Vigo xa ten o seu selo de Correos

Correos emite este mércores o selo "Cidades do Nadal. Vigo", que se pon en...