InicioEconomíaA Xunta pide ao Goberno que inclúa Stellantis Vigo na rede de...

A Xunta pide ao Goberno que inclúa Stellantis Vigo na rede de moi alta tensión

Lamenta que o Perte do Vehículo Eléctrico "non responda" as necesidades do principal produtor de automóbiles en España.

PUBLICADO O

- Advertisement -

O vicepresidente segundo da Xunta e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, lamentou a “falta de apoio” do Goberno ao sector da automoción e reivindicou que aínda hai tempo para unha “rectificación” e que inclúa a Stellantis Vigo dentro da rede eléctrica de moi alta tensión.

Así o sinalou Conde antes de acudir ao ‘I Encontro Ágora. A Innovación Tecnolóxica e a súa importancia na competitividade da industria’, organizado pola Cátedra Telefónica-Universidade de Vigo, despois de que esta semana o Consello de Ministros aprobase a planificación da Rede Eléctrica ata 2026, sen incluír a demanda da factoría de Balaídos para contar coa posibilidade e conectarse á rede de moi alta tensión.

Segundo Conde, existe casos no pasado nos que se adoptou esta decisión de establecer unha singularidade a proxectos concretos para poder aceptar esta infraestrutura (xa que, a priori, Stellantis non cumpre os requisitos necesarios para que se lle conceda).

“Non entendemos como o Goberno non ten a sensibilidade para acompañar o principal fabricante de vehículos de España cunha infraestrutura que ademais tería un impacto beneficioso para os cidadáns de Vigo e o propio servizo”, reivindicou. A compañía e a propia Xunta levan anos solicitando esta conexión.

Por iso, indicou que hai “tempo para unha rectificación”, polo que a Xunta espera que o Executivo na tramitación parlamentaria corrixa unha situación “que poría en perigo o desenvolvemento e a competitividade de Stellantis en Galicia”.

PERTE VEHÍCULO ELÉCTRICO

Preguntado polo Proxecto Estratéxico para a Recuperación e a Transformación Económica (PERTE) do Vehículo Eléctrico e Conectado, Conde lamentou que, tal como trasladou a empresa, este Perte “non responde” ás necesidades de investimento de Stellantis, para que poida seguir avanzando no seu proxecto de electrificación.

“Levamos advertindo desde hai meses a necesidade de que o Goberno escoite o sector”, lamentou, indicado que Stellantis xa fabrica en España vehículos eléctricos e “parece que hai outros proxectos que son máis atractivos para o goberno a pesar de non estar nese punto de desenvolvemento”.

“Non parece razoable penalizar aqueles fabricantes competitivos que levan moitos anos investindo en España para poder anticiparse ao coche eléctrico e agora necesitan investimentos que deberían ser elexibles (no Perte)”, sentenciou.

ÚLTIMAS

Caballero chancea con Mamdani, novo alcalde de Nova York: “O noso Nadal é mellor”

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, felicitou este mércores ao novo alcalde de Nova...

San Simón

​O exitoso lanzamento da película "San Simón" volveu poñer na axenda os crimes do...

Esquerda Unida apoia declarar o aeroporto de Peinador como Lugar de Memoria Democrática

Esquerda Unida de Vigo mostrou o seu apoio á solicitude de Sumar para que...

Aparece con vida e a 400 metros da súa casa o home desaparecido o luns no Porriño

Un veciño de 67 anos que faltaba do seu domicilio desde o mediodía do...